George Harrison, MBE nado o 25 de febreiro de 1943 en Liverpool (Reino Unido) e finado o 29 de novembro de 2001 nos Ánxeles (Estados Unidos) foi un músico, compositor, cantante, produtor musical e produtor cinematográfico británico, e o integrante máis novo da lendaria banda The Beatles.

Fillo dunha familia de clase media de Liverpool, foi un amigo da infancia de Paul McCartney, quen o propuxo a principios de 1958 a John Lennon, para que integrase a súa formación, The Quarrymen. Os tres, formarían o grupo central que se convertería en The Beatles en 1960, e despois coa chegada de Ringo Starr en 1963 nun dos eventos máis importantes na historia da música popular do século XX.

A influencia de Harrison na música dos Beatles foi crecendo cos anos. Foi ante todo o guitarrista líder, e un dos tres vocalistas dun grupo que se mantivo firme pola calidade das súas harmonías vocais. Foi a partir de 1965 cando el introduciu a espiritualidade, a música e os instrumentos da India no universo da musical dos Fab Four.Apodo polo que tamén se coñecian The Beatles Para rematar, compuxo algunhas das súas cancións máis fermosas dos últimos anos, como While My Guitar Gently Weeps, Something e Here Comes the Sun. Tamén é un dos pioneiros no uso de sintetizador no rock. A medida que o seu talento como compositor aumenta, di que a súa frustración de permanecer na sombra do tándem Lennon / McCartney crece. Isto faino participar nas disensións que levaron á separación dos Beatles en 1970.

Tras a disolución do grupo en 1970 Harrison gozou dun grande éxito artístico e comercial no inicio da súa carreira en solitario, co seu álbum triplo All Things Must Pass e a canción My Sweet Lord. En 1971 organizou o Concerto para Bangladesh, que foi o primeiro concerto benéfico na historia do rock. Así mesmo, desenvolveu unha carreira de produtor cinematográfico, creando en 1978, xunto a Denis O'Brien, a compañía Handmade Films para producir nun principio o filme Monty Python's Life of Brian (no que fai unha breve aparición), dos Monty Python, aínda que máis tarde deu cabida, como actores, a xente do talle de Madonna (Shanghai Surprise). Antes de crear con Roy Orbison, Tom Petty, Jeff Lynne e Bob Dylan ( el ocultouse tras os pseudónimos de Nelson Wilbury e Spike Wilbury.) en 1988 o supergrupo Traveling Wilburys, sofre os primeiros altibaixos na súa carreira en solitario. Esta formación produciu dous álbums.

Casou dúas veces: primeiro casou con Pattie Boyd de 1966 a 1977, despois en 1978 casou con Olivia Harrison, con quen tivo un fillo, Dhani. As súas aparicións son pouco frecuentes na década de 1990, durante a que participou no proxecto Anthology dos Beatles e traballou ocasionalmente nun álbum hipotético (Brainwashed), que finalmente foi terminado e publicado logo da súa morte. En 1997 diagnosticóuselle un cancro de pulmón, logo dun intento de asasinato que sufriu en 1999 e debilitado polo cáncer morre o 29 de novembro de 2001.

En 2003 a revista Rolling Stone puxo a George Harrison no posto número 11 na lista dos 100 guitarristas máis grandes de todos os tempos.100 Greatest Guitarists George Harrison Máis de dez anos logo da súa morte, segue sendo considerado polo público como un dos máis grandes artistas do seu tempo.

Traxectoria Infancia e adolescencia (1943–1958) Mocidade e situación familiar miniatura|dereita|170px|O 12 de Arnold Grove, a residencia de George Harrison durante os primeiros seis anos da súa vida.

George Harrison naceu o 25 de febreiro de 1943Aínda que algunhas fontes indican o 24, xa que en 1992 Harrison revelou que naceu minutos antes do día 25, a data do 25 de febreiro de 1943 é a data coñecida e a que aparece no certificado do seu nacemento.Harry, The Beatles' Encyclopedia, páx. 492. en Liverpool, no número 12 de Arnold Grove (onde vivira os seus primeiros seis anos de vida) no seo dunha familia católica; foi o último dos catro fillos de Harold Hargreaves Harrison e a súa esposa Louise (de solteira French). Tivo unha irmá máis vella, nada en 1931, chamada Louise (como a súa nai) e dous irmáns, Harry e Peter, nados en 1934 e 1940 respectivamente. A súa nai, Louise, traballaba nunha tenda de Liverpool e seu pai, Harold, era un condutor de ómnibus que, anteriormente, traballara como dispensário de barcos na White Star Line. Posuía raíces irlandesas, xa que o seu avó materno, John French, nacera no Condado de Wexford, en Irlanda, e emigrara cara Liverpool, onde casou cunha moza local, de nome Louise Woollam.

A casa onde naceu Harrison e viviu os seis primeiros anos da súa vida, o 12 de Arnold Grove, está situada en Wavertree (Liverpool). En 1950, foilles concedida unha council house (vivenda social)Ingham, Rough Guide to the Beatles, pág. 328. que foi ofrecida á familia, que se mudou para o número 25 da Upton Green, en Speke.Miles and Badman, The Beatles' Diary, pág. 7.. A súa primeira escola foi a Escola Primaria de Dovedale, bastante próxima da de Penny LaneHarrison, I Me Mine, pág. 28. a escola onde estudava o seu futuro socio John Lennon.Frame, Rockin' Around Britain, pág. 73. A súa educación comezou cun ano de atraso por mor das grandes cantidades de alumnos que se matriculaban nas escolas locais logo dun aumento na taxa de natalidade, isto tamén explica porque el foi educado nunha escola lonxe da súa casaBill Harry, The George Harrison Encyclopedia, Virgin Books, 2003, 161 p. (ISBN 0-7535-0822-2).Tamén fai a comuñón, pero decide non facer a confirmación, asistindo pouco á realización do culto litúrxico.The Beatles, The Beatles Anthology , Seuil, 2000, 367 p. ( ISBN 2-02-041880-0 ) Ata ten o costume de correr a esconderse cando o sacerdote local vai visitar a súa familia.Bill Harry, The George Harrison Encyclopedia, Virgin Books, 2003, 319 p. (ISBN 0-7535-0822-2) Aínda que a área de Speke é unha área difícil na que "houbo algunhas familias moi problematicas", Harrison considera ter unha infancia feliz.

Aprobou o exame coñecido como 11-plusNo Reino Unido , o 11-plus ou Eleven plus é un exame que se lle fai a algúns estudantes no seu último ano da educación primaria para a admisión aos distintos tipos de escola secundaria.. e logrou unha praza no Liverpool Institute for Boys (edificio que hoxe alberga o Liverpool Institute for Performing Arts ), ao que asistiu desde 1954 ata 1959. Este período é difícil para el (ata chega a dicir que foi a peor época da súa vida). Suspendio os seus exames finais e dixo que os poucos puntos que obtivo foi por escribir o seu nome na parte superior da folla do exame.

Primeiras experiencias musicais Cando tiña 12 anos, foi hospitalizado por unha inflamación nos riles. Foi durante estas seis semanas de convalecencia cando decidiu comprar unha guitarra a un compañeiro de clase de Dovedale, Raymond Hughes, por 3 libras con 10 xilins. Con todo, atopouse rapidamente con ela rota e sen poder usala durante algún tempo. A partir de entón, o seu pai preséntalle un amigo guitarrista que lle ensina varias horas á semana os novos sóns e cancións.The Beatles, The Beatles Anthology, Seuil, 2000, 367 p. (ISBN 2-02-041880-0).

Dous anos máis tarde, a economía da casa mellora e isto permítelle comprar un instrumento mellor. Mentres que en Liverpool a música skiffle está de moda, Harrison funda a banda The Rebels co seu irmán Peter e un amigo. « » , Times Online. 11-10-2010. Logo dunha reunión o grupo desiste de continuar.(en) Bill Harry, The George Harrison Encyclopedia, Virgin Books, 2003, 315 p. (ISBN 0-7535-0822-2).

Nesta época coincide no autobus que os trae de regreso da escola con Paul McCartney que era nove meses máis vello que el. A atracción que senten pola música favorece o nacemento da súa amizade, e os seus concerto con The Rebels axuda a gañar en credibilidade. Entre os dous nace unha grande amizade e xuntos perfeccionan a súa técnica musical.Bill Harry, The George Harrison Encyclopedia, Virgin Books, 2003, 400 p. (ISBN 0-7535-0822-2) Durante o verán de 1957, ambos os dous se van de xolda facendo autostop cara á costa sur coas súas guitarras.(en) Bill Harry, The George Harrison Encyclopedia, Virgin Books, 2003, 400 p. (ISBN 0-7535-0822-2)

McCartney, finalmente, trasládase a outra parte da cidade, onde se fai amigo de John Lennon, que tamén ten o seu grupo de música, The Quarrymen, grupo ao que Paul se une despois demostrar as súas capacidades musicais.The Beatles (trad. Philippe Paringaux), The Beatles Anthology, Seuil, 2000, 26 cm × 35 cm, relié, 367 p. (ISBN 2-02-041880-0) Harrison viu á banda por primeira vez durante un concerto o 6 de febreiro de 1958 no Wilson Hall.Spitz (2005) p125 Pouco despois, McCartney suxire a Lennon incluír a Harrison no grupo. Este último, aínda que reticente pola curta idade de Harrison, accede a escoitar unha interpretación que este fai coa súa guitarra Raunchy ao fondo dun autobús de dous pisos e queda impresionado polo seu talento. Harrison únese aos Quarrymen en febreiro de 1958 para substituír a un dos seus puntais, Eric Griffiths.Daniel Ichbiah, Et Dieu créa les Beatles, Les Cahiers de l'info, 2009, 293 p. (ISBN 978-2-916628-50-9) E finalmente imponse polo seu talento, e é o novo batería, Colin Hanton, quen ten a pouco envexable tarefa de anunciar a Griffith que os seus servizos xa non son necesarios (en) Bill Harry, The George Harrison Encyclopedia, Virgin Books, 2003, 400 p. (ISBN 0-7535-0822-2)

Durante o verán, a banda gravou un disco nun estudo privado que contén dous temas, unha versión extraída dun tema de Buddy Holly e a canción "In Spite of All the Danger" que foi escrita por McCartney e Harrison, sendo esta a única que lles acredita xuntos como autores dun mesmo tema.Bill Harry, p. 236

Dun debut discreto ao éxito nos Beatles (1958 a 1966) Formación e debut do groupo esquerda|miniatura|George Harrison, no medio de Paul McCartney e de John Lennon. Nos dous anos que seguiron, os Quarrymen evolucionan e cambian o nome varias veces ata que finalmente se deciden polo de The Beatles. O grupo finalmente formado con John Lennon, Paul McCartney e George Harrison na guitarra, Stuart Sutcliffe no baixo e Pete Best á batería parten en agosto de 1960 para Hamburgo, despois de que Bruno Koschmider, dono de varios clubs naquela cidade, os contratara para que estiveran alí durante 48 noites. Harrison, sendo en agosto de 1960 aínda menor de idade con 17 anos, obtivo o permiso de residencia en Hamburgo ao mentir ás autoridades alemás sobre a súa verdadeira idade.

A educación musical improvisada que Harrison recibiu tocando durante moitas horas co resto do grupo, así como as clases de guitarra que el tomou con Tony Sheridan, sentou as bases do son dos Beatles, e da tranquilidade de Harrison que tivo un rol máis activo dentro da banda;Leng, Simon (2006) . While My Guitar Gently Weeps: The Music of George Harrison. SAF Publishing Ltd. ISBN 978-1-4234-0609-9. desta forma debido á súa reputación pronto seria coñecido como "o Beatle tranquilo". A primeira estancia da banda en Hamburgo foi acurtada cando Harrison foi deportado por ser demasiado novo para traballar en clubs nocturnos.Miles, Barry (2001). The Beatles Diary: Volume 1: The Beatles Years. Omnibus Press. ISBN 978-0-7119-8308-3.

En Inglaterra a banda toca no Cavern Club de Liverpool, nesta etapa adquire unha boa experiencia, antes de volver tocar en Alemaña en abril de 1961. Os Beatles son entón contratados para acompañar ao cantante Tony Sheridan no escenario e gravar con el o álbum My Bonnie, cousa que fixeron, usando o nome de The Beat Brothers. Mentres tanto Harrison compon xunto con John Lennon a canción instrumental Cry for a Shadow, canción na que fai unha interpretació memorable coa súa guitarra, sendo esta a unica canción acreditada a Harrison e Lennon conxuntamente.Bill Harry, The George Harrison Encyclopedia, Virgin Books, 2003, 400 p. (ISBN 0-7535-0822-2).

Finalmente, o grupo volve a Liverpool e volve actuar no Cavern durante o outono. Nesta época coñecen a Brian Epstein, quen en decembro se converte no seu representante..