John Simmons Barth, nado en Cambridge, Maryland, o 27 de maio de 1930 e finado en Bonita Springs (Florida) o 2 de abril de 2024, foi un escritor posmodernista norteamericano.

Traxectoria Estudou na Universidade Johns Hopkins de Baltimore. Logo de se licenciar en 1952 foi profesor nas universidades de Pennsylvania State (1953-1965), SUNY Buffalo (1965-1973), Boston (1972-1973) e Johns Hopkins (1973-1995), antes de se xubilar en 1995.

As novelas curtas The Floating Opera (1956) e The End of the Road (1958) foron as primeiras obras que publicou, son obras nos que trata temas polémicos, o suicidio e o aborto, respectivamente.

The Sot-Weed Factor (1960) é unha densa novela épica de 800 páxinas sobre a colonización de Maryland baseada na nun poema de Ebenezer Cook, en 1967 apareceu unha nova versión con 50 páxinas menos.

Barth faleceu o 2 de abril de 2024 aos 92 anos de idade.

Obra The Floating Opera (1956) The End of the Road (1958) The Sot-Weed Factor (1960) Giles Goat-Boy (1966) Lost in the Funhouse (relatos) (1968) Chimera (conxunto de tres novelas curtas) (1972) Letters (1979) Sabbatical: A Romance (1982) Tidewater Tales (1987) The Last Voyage of Somebody the Sailor (1991) Once upon a Time (1994) On with the Story (short stories) (1996) Coming Soon! (2001) The Book of Ten Nights and a Night (relatos) (2004)

Notas

Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1930 Categoría:Nados no condado de Dorchester, Maryland Categoría:Finados en 2024