Enrique Abella Casariego, nado en Manila en 1847 e finado en Madrid o 12 de xaneiro de 1913Necrolóxica en ABC, 13-1-1913, p. 15., foi un enxeñeiro e político de orixe galega.

Traxectoria Enxeñeiro do corpo de Minas. Recibiu do Goberno español unha bolsa para facer investigacións xeolóxicas nas illas Filipinas, unha vez alí dedicouse a estudar terremotos e volcáns. Foi gobernador civil de Almería (1899). Foi elixido deputado polo distrito de Becerreá en 1899, e volveu ser elixido polo mesmo distrito en 1901, 1903 e 1905, ata a súa dimisión en decemebro de 1906. Foi substuído por Santiago Alba Bonifaz como deputado. Tamén foi director da mina Arrayanes de Linares.

Obras Memoria acerca de los criaderos auríferos del segundo distrito del departamento de Mindanao, Misamis, seguido de varios "itinerarios geológicos" referentes a la misma comarca, 1879. Ligera reseña de minería de las islas Filipinas, 1883. Terremotos de Nueva Vizcaya (Filipinas) en 1881 : informe acerca de ellos seguido de unos apuntes físicos y geológicos tomados en el viaje de Manila a dicha provincia, 1884. Emanaciones volcánicas subordinadas al Malinao (Filipinas), 1885. El Mayón o Volcán de Albay (Filipinas), 1885. La Isla de Bilirán (Filipinas) y sus azufrales, 1885. El monte Maquilín (Filipinas) y sus actuales emanaciones volcánicas, 1885. Rápida descripción física, geológica y minera de la isla de Cebú (Archipiélago filipino), 1886. Descripción física, geológica y minera en bosquejo de la isla de Panay, 1890. Terremotos experimentados en la isla de Luzón durante los meses de marzo y abril de 1892, especialmente desastrosos en Pangasinán, Unión y Benguet, 1893.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Obras de Enrique Abella Casariego na Biblioteca digital hispánica Biblioteca Virtual de Defensa

Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Lugo Categoría:Gobernadores civís de Almería Categoría:Finados en 1913 Categoría:Nados en 1847 Categoría:Nados en Manila Categoría:Cartógrafos de España Categoría:Enxeñeiros de Galicia Categoría:Xeógrafos de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público