Coruña Moderna foi unha revista editada na Coruña de 1905 a 1906.
Historia e características Subtitulada Revista semanal, apareceu o 6 de marzo de 1905. Informaba sobre a actualidade política da Coruña e de Madrid, especialmente do goberno dirixido por Antonio Maura. Tiña as seccións: “De cocina”, “Memorándum de la semana” e “Marinedina”, que contiña artigos sobre temas de actualidade mesturados con ironía e composicións poéticas, asinados polo pseudónimo El ciego de la esquina. Entre os seus colaboradores estaban Eduardo Pondal, Valle-Inclán (que publicou un fragmento da Sonata de Otoño), Emilia Pardo Bazán, Enrique Labarta Pose e Wenceslao Fernández Flórez. Cesou a súa publicación co número 44 en xaneiro de 1906.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña
Categoría:Prensa escrita da Coruña Categoría:1905 en Galicia Categoría:Revistas editadas en Galicia Categoría:Revistas en lingua castelá Categoría:Revistas de España desaparecidas