Casiano Pérez-Batallón Losada, nado en Sarria o 12 de agosto de 1839 e finado na mesma vila o 1 de xullo de 1903,La Voz de Galicia, 3-7-1903, p. 2. foi un avogado e político galego.
Traxectoria
Fillo único de Manuel Antonio Pérez Batallón e Claudina Losada González. Herdou o patrimonio territorial conseguido polo seu pai nos procesos desamortizadores das décadas de 1830 e 1840. Estudou no Colexio da Nosa Señora da Antiga de Monforte de Lemos e na Universidade de Santiago de Compostela, rematando a carreira de Dereito na Universidade Central (1864). Exerceu a avogacía e foi nomeado oficial da administración civil (1866). Foi elixido deputado polo distrito de Lugo nas eleccións de 1867. Durante o Sexenio Democrático retornou a Sarria onde exerceu a avogacía. En 1871 constituíu con outros correlixionarios a Comisión Provincial do Partido Conservador que presidiu o conde Pallarés. Na Restauración militou no Partido Conservador, foi deputado provincial e volveu ser elixido deputado a Cortes polo distrito de Lugo nas eleccións de 1879 e 1884. Foi elixido senador pola provincia de Lugo en 1886 e en 1891. Vida persoal
Casou na década de 1860 con Ángela López Fernández Batallón, e logo de enviuvar, volveu casar con Josefa López Méndez. Foi pai de Manuel, Jesús, Dolores, Antonio e José Pérez-Batallón López.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ficha no Congreso dos Deputados Ficha no Senado
Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Senadores de Galicia Categoría:Nados en Sarria Categoría:Nados en 1839 Categoría:Finados en 1903 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela