miniatura|dereita|Vista da zona. As Médulas foi unha antiga explotación romana de ouro a ceo aberto, e forma hoxe unha paisaxe espectacular no que antano fora o monte Medilianum, con areas encarnadas, castiñeiros e carballos verdes. Está situada preto da aldea homónima, no concello de Carucedo, preto da cidade de Ponferrada na comarca do Bierzo, (provincia de León, Castela e León). Foi a mina de ouro máis importante, así como a maior mina de ouro a ceo aberto de todo o Imperio Romano. A Paisaxe Cultural das Médulas está catalogada pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade. Os estudos aéreos avanzados realizados en 2014 con LIDAR confirmaron a ampla extensión das obras da época romana.LIDAR surveys at Las Médulas.
A espectacular paisaxe das Médulas foi o resultado da (derrubo das montañas), unha técnica mineira romana descrita por Plinio o Vello no ano 77 d.C. A técnica empregada foi un tipo de minería hidráulica que implicaba socavar unha montaña con grandes cantidades de auga. A auga subministrabase mediante transferencia entre concas. Polo menos sete longos acuedutos aproveitaban os regatos da comarca de La Cabrera (onde as precipitacións nas montañas son relativamente altas) a diferentes altitudes. Os mesmos acuedutos empregábanse para lavar os extensos depósitos de ouro aluviais.
O que se converteu na provincia romana de Hispania Tarraconensis foi conquistada no ano 25 a.C. polo emperador Augusto. Antes da conquista romana, os habitantes indíxenas obtiñan ouro de depósitos aluviais. A produción a grande escala non comezou ata a segunda metade do século I d.C.
Historia e características Segundo o relato de Plinio o Vello, quen na súa mocidade foi administrador das minas, extraíanse cada ano 6.540 kg. de ouro, empregando 60.000 escravos, que en 250 anos de explotación deron 5 000 000 de libras (= 1 635 000 kg). Segundo os datos do profesor arqueólogo Antonio García Bellido, as terras removidas acadaron os 500 millóns de m³, o que cun rendemento medio de 3 g/tonelada de terra implica uns 1 500 000 kg de mineral.
Outros estudos, baseados na terra extraída, falan de 10.000 ou 20.000 homes, contando con subministradores, gardiáns etc.
Os ástures xa explotaran algo, lavando as lamas e as areas. De seguro os romanos comezaron en época de Octavio Augusto.
Plinio comenta que é menos temerario buscar perlas e púrpura no fondo do mar que sacar ouro destas terras.
Conta a lenda que o lago de Carucedo se formou co estancamento da auga empregada para a explotación.
A extracción viuse favorecida por: Ser terras de aluvión con pebidas de ouro. Ter moita auga e pendente para producir o arrastre. Existir pendentes cara ao río Sil para os desaugadoiros.
Como chegar Pola estrada Vigo - Ourense a Ponferrada. Pasado Santalla, tómase un camiño á esquerda que leva ata o alto do castelo de Cornatel (vese desde a estrada), templario, onde se desenvolve a novela de Enrique Gil y Carrasco "El Señor de Bembibre". Desde aí vese o lago de Carucedo. Chégase a Carucedo e de alí a Orellán para ver As Médulas dende o miradoiro.
As Médulas teñen activo un túnel que se pode atravesar, sentindo un pouco mellor as circunstancias de explotación, ata un miradoiro sobre o baleiro.
Método de extracción miniatura|dereita|250px|As Médulas. Usábase o chamado ruina montium, consistente na captación da auga existente por medio de canles e en almacenala en depósitos para utilizala despois. É un sistema espectacular neste caso, pola cantidade de auga usada, lonxitude e ramificacións de canles. Hoxe coñécese o trazado, e pódese visitar parte aínda que é imprescindible un guía e un casco para a cabeza.
Unha das moitas captacións era na vertente nordeste do monte Teleno. No pico, a unha altura de 2.000 m, acumulábase a neve que, derretida, chegaba ó río Cabo (afluente do Cabreira). Este río alimentaba as 7 canles que, bordeando a montaña, chegaban ós estanques. As canles podían ter unha lonxitude de 300 km cunha pendente entre 0,6 % e 1%. O ancho era de 1,28 m, excepto nas curvas, nas que acadaba 1,60. O alto, 90 cm. En lugares, a canle entra baixo as penas como túnel. A construción das canles foi a parte máis difícil e custosa da explotación.
A auga chegaba ós depósitos escavados no terreo, e a terra amoreábase arredor, formando taludes. Tiñan comportas para facer a distribución hídrica. Algunhas canles subsisten hoxe en día como camiños, e pódense percorrer con guías.
Este traballo de enxeñaría e a posterior extracción de ouro supuxo un atentado contra o medio ambiente na época, mais non se ten constancia de que na época fose visto como tal. Dende 1997 é Patrimonio da humanidade.
Notas
Referencias
Véxase tamén
Bibliografía
Lewis, P. R. and G. D. B. Jones, Roman gold-mining in north-west Spain, Journal of Roman Studies 60 (1970): 169-85 Jones, R. F. J. and Bird, D. G., Roman gold-mining in north-west Spain, II: Workings on the Rio Duerna, Journal of Roman Studies 62 (1972): 59–74. Domergue, C. and Hérail, G., Conditions de gisement et exploitation antique à Las Médulas (León, Espagne) in L'or dans l'antiquité: de la mine à l'objet, B. Cauuet, ed., Aquitania Supplement, 9 (Bordeaux 1999): 93–116. Journeys Through European Landscapes/Voyages dans les Paysages Européens. COST-ESF, Ponferrada: 101–104. Pipino g. "Lo sfruttamento dei terrazzi auriferi nella Gallia Cisalpina. Le aurifodine dell'Ovadese, del Canavese-Vercellese, del Biellese, del Ticino e dell'Adda". Museo Storico dell'Oro Italiano, Ovada 2015
Ligazóns externas As Médulas web da UNESCO
Categoría:Arqueoloxía Categoría:O Bierzo Categoría:Gallaecia Categoría:Minaría Categoría:Patrimonio da Humanidade en Castela e León