María Concepción Álvarez Lebredo, nada en Vigo en 1970, é unha escritora galega.

Traxectoria Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela en 1993, exerce como profesora de Lingua Castelá e Literatura.

Vencellada familiarmente coa localidade de Tapia de Casarego, ten publicado varios artigos relacionados coa conservación e recuperación da lingua galega en territorio asturiano. Tamén publicou (soa ou en colaboración) artigos sobre Lingüística Computacional en revistas especializadas ou de ámbito académico.

Obra literaria

Libros de poesía Distancias e simetrias, Instituto de Estudos Miñoranos, 2012. Na palma da túa mao, Ediciones Trabe, 2020.

Colaboracións en revistas e libros de autoría colectiva

Revista Trabatel 5, 2014. Que nun se perda nel aire, Ed. Trabe / Goberno de Asturias, 2016. Escritores asturianes. Antoloxía de testos n'asturianu y gallego-asturiano, Trabe / Goberno do Principado, 2017. Manuel María. Libro colectivo de homenaxe no seu día das Letras Galegas, Deputación de Lugo, 2017. Revista Trabatel 9, 2018. Al aveiro d'un trabatel. Úa escoyeta de poesía contemporánea en gallego-asturiano, Goberno do Principado de Asturias, 2021. Revista Lliteratura 37, 2021.

Premios Segundo premio no certame de relato histórico Reconquista, do Instituto de Estudos Vigueses no 2002. Premio de poesía Victoriano Taibo no 2012, por Distancias e Simetrías.

Véxase tamén Ligazóns externas Distancias e Simetrías, de Mª Concepción Álvarez Lebredo, gaña o V Certame de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns "Algunhas cancióis tradicionales pr'aneinar da comarca eo-naviega" , Lletres Asturianes, nº 81, 2002. "Pequena contribución al galego-asturiano: voces, espresióis y ditames tapiegos" , Lletres Asturianes, nº 83, 2003. Que nun se perda nel aire, Semana das Letra Asturianas, 2016. Goberno do Principado de Asturias.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1970 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela