As relacións exteriores de Azerbaidján son as relacións que ten dito país cos demais países do exterior, tanto no campo político como nos campos económico, comercial, militar, xurídico, xeopolítico e xeoestratéxico.
Estas relacións son próximas con algúns países (como Rusia, Turquía, Estados Unidos e Israel) e distantes con outros (como Armenia e Irán). Azerbaidján é membro de máis de 50 organizacións internacionais incluíndo as Nacións Unidas, o Consello de Europa, a Comunidade de Estados Independentes, a Organización da Conferencia Islámica, a Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa, o Consello de Cooperación do Atlántico Norte, o Fondo Monetario Internacional, a Organización Mundial do Comercio ou a Organización Internacional da Cultura Túrquica. É tamén membro observador da Comunidade Económica Eurasiática.
Véxase tamén Outros artigos Política de Azerbaidján Misións diplomáticas de Azerbaidján
Ligazóns externas Ministerio de Asuntos Exteriores de Azerbaidján
Categoría:Relacións internacionais de Azerbaidján