José Antonio Parga Sanjurjo, nado en Piantón (A Veiga, Asturias) o 11 de febreiro de 1841 e finado en Viveiro o 12 de setembro de 1917, foi un avogado, xuíz e escritor galego.
Traxectoria miniatura|Proposicion é informe relativos al nombramiento de cronista de Galicia a favor de D. Manuel M. Murguía, 1885 Fillo de José Raimundo Parga Mosquera e Dolores Sanjurjo Lamas. De novo viviu e fixo os primeiros estudos en Viveiro. Foi fiscal do xulgado de primeira instancia de Mondoñedo, maxistrado na Audiencia de Pontevedra e fiscal en Ourense, Palencia, Lugo e Madrid.
Foi membro activo da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago e como tal, en 1884, propuxo que Manuel Murguía fose nomeado cronista de Galicia, con remuneración económica, para así poder rematar a súa Historia de Galicia, a cal ficara interrompida e só se publicaran os dous primeiros tomos en 1865 e 1866. Após as xestións realizadas pola Económica, finalmente Murguía editou dous novos volumes en 1888 e 1891 como «cronista xeral do Reino».
Escribiu biografías e artigos históricos no Boletín de la Real Academia Gallega e Galicia, revista en que iniciou a publicación da novela La cueva de la doncella (1887-1889). Ingresou na Real Academia Galega o 28 de setembro de 1907, coa lectura do discurso El renacimiento de la literatura regional, respondido por Manuel Murguía.
Obras Juício crítico del informe sobre crédito agrícola que emitió la Sociedad Económica de Amigos del Pais de Santiago, 1885. La cueva de la doncella, editada en 2012 (ISBN 978-84-615-9800-7).
Vida persoal Casou con Dolores Acevedo Caballero.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Artigos no Boletín de la Real Academia Gallega Artigos na hemeroteca virtual da RAG
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Nados na Veiga, Asturias Categoría:Nados en 1841 Categoría:Finados en 1917 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos