Scott Thompson, nado en Rockledge, Florida o 25 de febreiro de 1965, é un cómico e actor estadounidense coñecido co alcume Carrot Top.
Traxectoria Thompson naceu o 25 de febreiro de 1965 en Rockledge, Florida, e medrou en Cocoa, Florida. É o fillo máis novo duns enxeñeiros da NASA. Asistiu ó Insituto de Cocoa, onde tocou os tambores nunha banda de marchas e concertos. Graduouse en 1983. Recibiu o alcume "Carrot Top" dun adestrador local de natación, en referencia ó seu pelo rubio, alcume que se convertería na súa propia marca posteriormente. A finais da década de 1980, Thompson traballou como mensaxeiro nunha empresa hipotecaria. Despois do instituto asistiu á Universidade Atlántica de Florida en Boca Raton. Durante o seu primeiro ano como estudante, Thompson comezou as súas primeiras actuacións como cómico.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb
Categoría:Nados en 1965 Categoría:Nados en Florida Categoría:Actores dos Estados Unidos de América