Tago Mago é o terceiro álbum de estudio da banda alemá de rock experimental Can, editado orixinalmente como dobre LP en febreiro de 1971 a través do selo United Artists. Trátase do segundo traballo do grupo e o primeiro con Kenji "Damo" Suzuki despois de que o seu anterior vocalista, Malcolm Mooney, deixase a banda en 1970 tras ter unha crise nerviosa.

Tago Mago foi descrita como a gravación máis extrema de Can en termos de son e estrutura. O álbum recibiu a aclamación da crítica dende a súa publicación e foi citado como influencia por varios artistas.

Listaxe de cancións

Categoría:Álbums de Can Categoría:Álbums musicais de 1971 Categoría:Álbums de United Artists