Puturrú de Fuá é un grupo de música español de ton humorístico.
Traxectoria No ronsel doutras bandas satíricas como La Trinca, o seu precedente inmediato foi Curroplastic, liderado por Francisco Curro Fatás e cunha estética e estilo que se parecía máis a grupos como La Orquesta Mondragón que a outros humorísticos como La Charanga del Tío Honorio ou Desmadre 75.
En 1978, Fatás ponse en contacto con Pepe Gros e Juanma Labordeta (sobriño de José Antonio Labordeta) e crean Puturrú de Fuá, asinando co selo Fonomusic. Durante os seus primeiros anos, a súa carreira desenvólvese por Aragón. Pero en 1985, publicaron o seu primeiro álbum No es una marca de fuagrás, que acada popularidade en toda España. Co seu seguinte LP, Ni fu ni fuá, convertéronse en asiduos en radio e televisión e as súas pegadizas cancións como "No te olvides la toalla cuando vayas a la playa" ou "Los chicos de Plan" chegan a ser canción do verán.
Nos anos seguintes continuaron editando novos proxectos, se ben de menor repercusión até que en 1994 Pepe Gros abandona o grupo. Tras publicar Finas hierbas, volven reunirse en 1998, con Leo Susana no posto de Juanma Labordeta, e, desde aquelas seguiron gravando e actuando se ben cunha popularidade moito menor que a que alcanzaran a mediados da década de 1980.
Discografía No es una nueva marca de fuagrás (1985). Ni fú ni fuá (1986). Menage a truá (1987). Úsame y tírame (1990). Lo mejor de Puturrú de Fuá (1993). Finas hierbas (1996). 20 años tiene mi humor (2000). Peligroso para la salud (2009).
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Puturrú de Fuá en Gran enciclopedia aragonesa.
Categoría:Grupos musicais de Aragón Categoría:Grupos musicais formados en 1985