El Gallego foi un periódico editado en Lugo en 1867 de curta vida.

Historia e características Subtitulado Periódico de intereses generales, apareceu o 23 de xullo de 1867.Teijeira (1997); p. 49 Tiña como lema o engrandecemento de Galicia en todas as ordes. Creado por Manuel Soto Freire, o secretario de redacción era Lorenzo Gómez Quintero e entre os seus redactores estaban Carlos Vaamonde, Juan Fernández de Prado, Miguel Gil Tomé, Joaquín Pérez, Primo Feliciano Salgado, Primo Castro Pita, Segundo Plá Huidobro, Antonio Gaite.

Dende o número 32 deixou de ser impreso por Soto Freire, sendo substituída a súa impresión polos talleres de José Pujol y Báffer, de orixe mallorquina, e figurando como director Antonio Magín Pla.Teijerira (1997); p.50 Incluíu información xeral, noticias de Galicia, despachos telegráficos e algúns textos literarios. Cesou a súa publicación co número 36, o 10 de decembro de 1867.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Carré Aldao, E. (1929). Boletín de la Real Academia Gallega n.º 219. p. 64

Soto y Freire, Manuel (1892). La imprenta en Galicia. Ensayo bibliográfico. p. 75. Teijeira, Mari Paz e de la Torre, María (1997). A prensa en Lugo, dous séculos de historia.Lugo: Servizo de Publicacións da Deputación Provincial de Lugo. ISBN 84-8192-110-6 pp. 49–51.

Categoría:Prensa escrita de Lugo Categoría:Xornais de Galicia desaparecidos Categoría:1867 en Galicia