Manuel Baamonde Guitián, nado en Monforte de Lemos e finado na mesma cidade o 1 de decembro de 1927, foi un político galego.

Traxectoria Na Restauración foi alcalde de Monforte (1884-1885), deputado provincial de Lugo por Monforte, vicepresidente da Deputación de Lugo e presidente en 1885; foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Ribadeo en 1896. Foi gobernador civil de León e Valencia e oficial maior do Ministerio da Gobernación. Adscrito ao Partido Liberal, presentouse ás eleccións a deputados a Cortes polo distrito de Monforte fronte a Guillermo de Osma Scull, pero foi derrotado.El Pueblo Gallego, 3-12-1927, p. 10. Finou en Monforte de Lemos o 1 de decembro de 1927.El Regional, 2-12-1927, p. 2.Necrolóxica en ABC, 2-12-1927, p. 24

Vida persoal

Foi pai de Roberto e Camilo Baamonde Robles. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

"Una monfortina de pro", La Voz de Galicia, 16 de xuño de 2004.

Categoría:Alcaldes de Monforte de Lemos Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Presidentes da Deputación de Lugo Categoría:Gobernadores civís de León Categoría:Gobernadores civís de Valencia

Categoría:Nados en Monforte de Lemos Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Finados en 1917