Andrew Fielding Huxley, nado en Hampstead, Londres, Reino Unido, o 22 de novembro de 1917 e finado en Grantchester, Cambridgeshire, o 30 de maio de 2012, foi un fisioloxista e biofísico británico, Orde de Mérito do Reino Unido e Membro da Royal Society.
Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1963 polo seu traballo xunto con Alan Lloyd Hodgkin sobre a base dos potenciais de acción dos nervios, os impulsos eléctricos que habilitan a actividade dun organismo de ser coordinada por un sistema nervioso central. Hodgkin e Huxley compartiron o premio ese ano xunto a John Carew Eccles, quen é lembrado pola súa investigación sobre a sinapse. Os descubrimentos de Hodgkin e Huxley leváronos a hipotetizar a existencia dos canles de iones, que só foron achados décadas máis tarde.
Notas
Categoría:Premio Nobel de Medicina Categoría:Médicos de Inglaterra Categoría:Premios Nobel do Reino Unido Categoría:Nados en Camden Categoría:Nados en 1917 Categoría:Finados en 2012