Tareixa Paz Franco, nada en Barbadás o 7 de febreiro de 1967, é unha política galega do BNG.

Traxectoria Aos cinco anos emigrou coa súa familia a Lucerna, onde viviu ata a adolescencia. Estudou o bacharelato no Instituto Otero Pedrayo de Ourense e, posteriormente, Psicoloxía na USC. Dende 1990 é funcionaria da Administración de Xustiza. Foi concelleira e portavoz municipal en Barbadás polo BNG (1995-2005). Foi deputada provincial (1999-2005). É membro do Consello nacional do BNG. Foi deputada e vicepresidenta do Parlamento Galego, onde exerceu de voceira en materia de Agricultura e Medio Rural.

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en galegos.info

Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo BNG Categoría:Nados en Barbadás Categoría:Nados en 1967 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes