115px200pxFormas de onda dun sistema trifásico120 graos ou radiáns de desfase.
miniatura|dereita|Torre de alta tensión con dúas liñas trifásicas. O sistema trifásico de produción, distribución, transformación e consumo de enerxía eléctrica está formado por tres correntes alternas monofásicas de igual frecuencia e amplitude (e valor eficaz) pero que presentan un desfase entre elas de 120°. Cada unha das correntes monofásicas que forman o sistema trifásico desígnase cun nome de fase e cunha cor diferenciadora.
O sistema trifásico ten unha serie de ventaxes como son a economía das liñas de transporte de enerxía (cables de menor sección que nunha liña monofásica equivalente en potencia) e dos transformadores utilizados, así como o mellor rendimento dos receptores, especialmente motores, aos que a liña trifásica alimenta con potencia constante e non pulsada, como no caso da liña monofásica.
O sistema de tres fases foi inventado por Galileo Ferraris e Nikola Tesla en 1887 e 1888.
Os xeradores utilizados en centrais eléctricas son trifásicos, os transformadores e a conexión á rede eléctrica tamén deben ser trifásicos (salvo para centrais de pouca potencia). A corrente trifásica emprégase en industrias, onde as máquinas funcionan con motores.
Conceptos básicos Un xerador de corrente trifásica, o caso máis simple, son tres bobinas dispostas en círculo distanciadas 120° unha doutra. Nesta disposición as bobinas forman un estator (parte fixa) e o imán un rotor central. No caso máis simple, isto faise mediante unha rotación de imán permanente. As voltaxes de CA tenden a alcanzar o seu máximo desplazamento co tempo por cada período engadido secuencialmente. O desplazamento temporal das tensións de fase determínanse polo ángulo de fase.
Os tres condutores que se empregan como terminais de conexión son chamados comunmente e abreviado como L1 (negro), L2 (marrón) e L3 (gris). Antes, tamén se denominaba a estes condutores de fase coas iniciais R, S e T, do alemán Rot (vermello), Schwarz (negro) e Tail (verde). Nos E.U.A. chámanse A, B e C.
Cores empregadas en electricidade para identificar cablesNormaL1L2L3NeutroTerra R S T70px70px70px70px70px EUA 70px70px70px70px70px70px70px CENELEC IEC 60446 REBT 200270px70px70px70px70px Antiga URRS (Rusia, Ucraína, Kazakhstan) antes 2009, China (GB 50303-2002 Sección 15.2.2)70px70px70px70px70px 70px70px70px 70px 70px 70px 70px 60px
Conexionado miniatura|dereita|Esquema elemental dun xerador trifásico. O imán permanente xiratorio produce nas bobinas mediante indución as voltaxes L1, L2 e L3. (Conexión en estrela)
frame|left|Conexionado do borneiro dun motor en estrela. frame|left|Conexionado do borneiro dun motor en triángulo. A corrente trifásica ten propiedades que a fan moi ventaxosa nun sistema de enerxía eléctrica:
As correntes de fase tenden a cancelarse entre si, sumando cero no caso dunha carga equilibrada lineal. Isto fai que sexa posible eliminar ou reducir o tamaño do condutor neutro; todos os condutores de fase levan a mesma corrente e polo tanto pode ser da mesma sección, para unha carga equilibrada. A transferencia de potencia a unha carga equilibrada lineal é constante, o que axuda a reducir as vibracións do motor e xerador. Os sistemas trifásicos poden producir un campo magnético que xira nunha dirección especificada, o cal simplifica o deseño dos motores eléctricos. O conexionado en estrela (representado por Y), chámase así á conexión cun punto medio común conectado a un condutor neutro chamado N (de cor azul). Isto fai a carga eléctrica uniforme das tres fases. Conexionado en triángulo (símbolo Δ), no que non hai punto neutro.
Nas placas de especificacións dos motores eléctricos indícase o tipo de conexionado. Nos motores tamén empréganse os dous conexionados. O arranque inicial faise en estrela e despois dun tempo pasa a conexión en triángulo. Para facer o cambio de xiro no motor invírtense o conexionado de dúas das fases.
Nas redes de baixa tensión en Europa a voltaxe de uso común, o valor nominal, é de 230 V. Tensión entre fase e neutro. Nos sistemas trifásicos o valor efectivo da tensión de liña para sistemas de baixa tensión utilizados en Europa son 400 Voltios trifásicos, tensión medida entre dúas fases calquera.
Definición matemática miniatura|dereita|Voltaxe e frecuencias nos distintos países do mundo:
Sistema trifásico de tensións:
(Tensión instantánea da Fase 1)
(Tensión instantánea Fase 2, desfasada 120 graos)
(Tensión instantánea Fase 3, desfasada 240 graos)
Vp= Voltaxe de Pico
Para carga balanceada, en cada fase hai impedancia:
A corrente de pico será (Lei de Ohm):
E as correntes instantáneas en cada fase serán:
As potencias instantáneas nas fases son:
Usando identidades trigonométricas:
A suma para a potencia instantánea total será:
Como os termos en corchetes constitúen un sistema trifásico simétrico, suman cero e a potencia total resulta constante:
Substituíndo a corrente de pico:
miniatura|200px|Triángulo de Potencias A tensión en cada fase será:
A relación de potencias será (S potencia aparente VA):
P = para a potencia activa (W),
e
Q = para a potencia reactiva (VAr).
Exemplo práctico: Así nun sistema de distribución eléctrico trifásico de 400 voltios entre fases a tensión medida entre unha das tres fases calquera e o neutro será:
voltios, que é a tensión de uso doméstico en Europa.
Motores trifásicos
Véxase tamén
Outros artigos Corrente alterna Nikola Tesla
Categoría:Electricidade