O Atlant Moscow Oblast (en ruso ХК Атлант Московская область) é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Mytishchi, no óblast de Moscova (Rusia). Actualmente compite na División Tarasov da Kontinental Hockey League (KHL), competición á que pertence dende a súa creación en 2008.
Historia O Atlant Moscow foi fundado o 20 de decembro de 1953 baixo o nome de Khimik (denominación que mantivo ata 2008) en Voskresensk. Khimik xogou o seu primeiro partido o 27 de decembro de 1953. O éxito inmediato do Khimik permitiulle xogar o campionato da Unión Soviética. Á fronte do equipo estaba o adestrador-xogador Nikolai Epstein. En tres anos, o Khimik conseguiu ascender á máxima categoría do hóckey sobre xeo soviético. Entre 1984 e 1965 conseguiu tres medallas de bronce. En 1989 o equipo gañou a medalla de prata dirixido polo prestixioso adestrador Vladimir Vasiliyev, un gran logro para un equipo dunha cidade pequena. Ademais o equipo formou a grandes xogadores, incluíndo os campións da Stanley Cup Igor Larionov e Valeri Kamensky.
Na primavera de 1998, co 45 aniversario do club, o seu status cambiou, pasando a representar non só á cidade de Voskresensk, senón a todo o óblast de Moscova. Durante a tempada 2005-06, o equipo trasladouse de Voskresensk a Mytishchi. Logo disto mudou o seu nome polo de Atlant, antes do seu ingreso na Kontinental Hockey League (KHL). O logo do novo equipo representa un can pastor de Asia Central.
Denominacións Khimik Voskresensk (1953-1955) Khimik Moscova (1955-1957) Khimik Voskresensk (1957-1998) Khimik Óblast de Moscova (1998-2008) Atlant Moscow Oblast (2008-presente)
Estatísticas na KHL Lenda: PX = Partidos xogados, V = Vitorias, VTE = Vitorias no Tempo Extra , SOL = Derrotas Penalty Shootout, D = Derrotas, GF = Goles a favor, GC = Goles en contra, Pts = Puntos
Tempada PX V VTE SOL D Pts GF GC Clasificación Play-offs 2008–09 56 35 7 3 11 122 189 111 2º da División Bobrov Perdeu nas semifinais de conferencia, 1-3 (Metallurg Magnitogorsk) 2009–10 56 24 13 3 16 101 173 137 2º da División Tarasov Perdeu nos cuartos de final de conferencia, 1-3 (Lokomotiv Yaroslavl) 2010–11 54 21 11 6 16 91 138 115 2º da División Tarasov Perdeu nas finais, 1-4 (Salavat Yulaev Ufa) 2011–12 54 20 11 4 19 86 130 134 2º da División Tarasov Perdeu nas semifinais de conferencia, 2-4 (SKA San Petersburgo)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Equipos da KHL Categoría:Equipos de hóckey sobre xeo de Rusia