18 comidas é un filme galego dirixido por Jorge Coira que se estreou no ano 2010.

Sinopse Conta seis historias ao longo dun so día cun formato pouco convencional aberto á improvisación ao redor a dezaoito comidas, almorzos, xantares e ceas.

Un músico que atopa o amor da súa vida; dous borrachos almorzan combinados con marisco; un home cociña, cociña e cociña para unha muller que nunca chega; dous homes que se queren pero que se esconden; unha cociñeira soña con ser cantante; unha xove quere o que un home non dá en tanto un camareiro morre por ela; un macedonio perdido por desamor en Santiago de Compostela; unha parella de anciáns que xa se teñen dito todo almorzan, xantan e cean en silencio.

Personaxes Luís Tosar como Edu Federico Pérez como Tuto Víctor Fábregas como Fran Esperanza Pedreño como Sol Gael Nodar Fernández como Gael Mario Zorrilla como Teo Pedro Alonso como Vladimir Torres Nuncy Valcárcel como Rosana Camila Bossa como Ana Juan Carlos Vellido como Juan Xosé Barato como Lucas Ricardo de Barreiro como Nito Cristina Brondo como Nuria Jorge Cabezas como Jorge Cabezas Víctor Clavijo como Víctor Antonio Mourelos como Víctor María Vázquez como Mar Xosé Manuel Olveira (Pico) como José Sergio Peris - Mencheta como Sergio Milan Tocinovsky como Spasek José María Pérez García como O avó María del Carmen Pereira Pena como A avoa Esteban Martínez como Carniceiro

Galardóns e nomeamentos 2010: Premio á mellor dirección para Jorge Coira no Festival Internacional de Taormina (Italia). 2010: Mención especial ao elenco do filme, por parte do Xurado do 15 Festival de Cine Internacional de Ourense. 2011: Premio á mellor película e premio do público no Festival CineEsCena.

Premios Mestre Mateo Ano Categoría Receptor Resultado9ª ediciónMellor filmeJorge CoiraGañadorMellor directorJorge CoiraGañadorMellor actor secundarioAntonio MourelosNomeadoFederico PérezNomeadoLuís TosarNomeadoMellor actriz secundariaCamila BossaNomeadaCristina BrondoNomeadaMellor guiónJorge Coira, Araceli Gonda e Diego AmeixeirasGañadoresMellor dirección de produciónMaría LiañoGañadoraMellor dirección artísticaAntonio Pereira SaquésNomeadoMellor montaxeJorge CoiraGañadorMellor música orixinalPiti Sanz e Iván LaxeGañadoresMellor sonCarlos Mouriño, Diego S. Staub e Carlos GarcíaGañadoresMellor fotografíaBrand FerroNomeadoMellor maquillaxe e peiteadoRaquel FidalgoNomeadaMellor deseño de vestiarioMariana RazettiNomeada

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial Ficha no soportal do audiovisual galego.

Categoría:Filmes de 2010 Categoría:Filmes en lingua galega Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua macedonia Categoría:Filmes dirixidos por Jorge Coira Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes de ZircoZine Categoría:Filmes sobre temática LGBT de Galicia Categoría:Premio Mestre Mateo ó mellor filme Categoría:Filmes de 2010 con versión en galego Categoría:Filmes rodados en Santiago de Compostela