Daniello Bartoli, nado en Ferrara o 12 de febreiro de 1608 e finado en Roma o 13 de xaneiro de 1685, foi un sacerdote xesuíta italiano.

Traxectoria Naceu en Ferrara e en 1623 entrou na Sociedade de Xesús en Roma, logo de se ordenar exerceu en Ferrara ata que en 1650 os seus superiores chamárono a Roma. Escribiu L'uomo di lettere difeso ed emendato (1645), contra dos perigos da lectura de novelas, e unha historia da súa orde en 6 volumes, Storia della Compagnia di Gesú (1650-1673), que é especialmente valiosa para coñecer o traballo dos xesuítas na India e o Xapón, en especial de Ignacio de Loyola, Francisco Xabier e Francisco Borgia.

Categoría:Sacerdotes católicos de Italia Categoría:Nados en 1608 Categoría:Finados en 1685 Categoría:Xesuítas de Italia Categoría:Sacerdotes da Igrexa católica latina Categoría:Nados en Ferrara