miniatura|Cartaz da IV Esposizione Triennale di Belle Arti di Milano de 1900, deseñado por Adolf Hohenstein

miniatura|250px|Cartel de Hohenstein, 1905. Adolf ou Adolfo Hohenstein, nado o 18 de marzo de 1854 en San Petersburgo e finado o 12 de abril de 1928 en Bonn, foi un pintor, ilustrador, escenógrafo e deseñador de vestiario alemán. Hohenstein foi un dos cartelistas máis coñecidos do seu tempo e está considerado un pioneiro do Modernismo en Italia. Canda Leonetto Cappiello, Giovanni Mario Mataloni, Leopoldo Metlicovitz e Marcello Dudovich, está considerado un dos cartelistas máis importantes de Italia, onde pasou un tempo.

Biografía miniatura|250px|Cartel para La Bohème, 1896. Hohenstein foi fillo de pais alemáns, Julius e Laura IRack, e naceu en San Petersburgo, daquelas, Imperio Ruso. Seu pai era un enxeñeiro de montes cuxo traballo lle obrigaba a viaxar intensamente. Máis tarde, a familia trasladouse a Viena, onde Adolf se criaría e completaría a súa educación. As súas viaxes levárono logo a India, onde traballaría decorando casas da clase alta local. En 1879 trasladouse a Milán, onde empezou o seu período máis creativo.

Foi nomeado deseñador de vestiario no Teatro alla Scala, así como tamén noutros teatros e óperas. Contratado como director de arte e deseños, realizando os carteis para as óperas La Bohème, Tosca e Madama Butterfly de Giacomo Puccini, con quen traballou moi de cerca en varias ocasións. Tamén traballou na publicidade, facendo gráficos para a compañía de bebidas Campari e cousas para o xornal Corriere della Sera, así como postais e portadas de libros.

Nos primeiros anos dos 1900, tras casar con Katharina Plaskuda, unha viúva, viaxou máis frecuentemente entre Italia e Alemaña até 1906, ano no que deixou Milán definitivamente. Trasladouse a Alemaña, onde principalmente realizou a súa actividade como pintor. Entre 1909 e 1923, Hohenstein foi membro dunha asociación de artistas de Düsseldorf, estando asociado á Escola de pintura de Düsseldorf.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Nados en 1854 Categoría:Finados en 1928 Categoría:Pintores de Alemaña Categoría:Pintores do século XIX Categoría:Art Nouveau Categoría:Nados en San Petersburgo