O termo Pimpín pode referirse a:

As aves da familia dos frinxílidos (Fringillidae): En especial, as do xénero Fringilla: Unha ave chamada pimpín común; Unha ave chamada pimpín real. Ás veces, tamén se denominan así unhas trece especies de pimpíns de Darwin (tamén denominadas escribentas de Darwin), descubertas nas illas Galápagos por Charles Darwin na súa viaxe no Beagle, por seren semellantes aos pimpíns do Vello Mundo, aínda que non pertencen á familia dos frinxílidos, polo que foron primeiramente clasificados na dos emberícidos (á que pertencen as escribentas europeas), e actualmente, segundo estudos xenéticos, crese que poderían pertencer á familia dos tráupidos.

Como topónimo, pode referirse a:

En Galiza O Pimpín, lugar da parroquia de Insua, no concello de Ortigueira.

Véxase tamén Outros artigos