miniatura|C. P. da Lama.

Centro penal, cárcere, prisión ou presidio é un lugar de internamento para os presos ou prisioneiros que a través do sistema xurídico están sentenciados a unha pena de privación de liberdade, temporal ou permanente. A diferenza cun campo de reagrupamento, campo de internamento, campo de prisioneiros, campo de retención, campo de concentración ou campo de exterminio é que ten construcións pechadas comúns (calabozos, barracóns), e nestes obríganse ademais normalmente a realizar traballos forzados.

Prisións en Galicia miniatura|CIS Carmen Avendaño Otero Actualmente en Galicia existen cinco centros penais que funcionan como tal: o CP da Lama, o CP de Bonxe (Outeiro de Rei), CP de Monterroso, o CP do Pereiro de Aguiar (O Pereiro de Aguiar), e o CP de Teixeiro (Curtis). Amais, existen dous centros de inserción social: o CSI da Coruña, que leva o nome de Carmela Arias y Díaz de Rábago, e o CIS de Vigo, que leva o nome de Carmen Avendaño.

miniatura|Antigo cárcere de San Simón

Antigamente era frecuente que cada vila tivese un pequeno cárcere, e en tempos de guerra habilitábanse outros lugares como prisións. Cárceres galegos de sona foron o da Illa de San Simón, o castelo de Santo Antón (actual Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña)Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón en Proxecto ARGA., a prisión de Vigo (actual Museo de Arte Contemporánea de Vigo)Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) en Proxecto ARGA., ou o cárcere da Parda (Pontevedra).

Outras prisións coñecidas Prisión de Herrera de la Mancha Cárcere de Alcalá-Meco Cárcere Modelo de Carabanchel Cárcere Modelo de Madrid Campo de refuxiados da praia de Argelès-sur-Mer (Francia), para exiliados republicanos españois trala Guerra Civil Española Presidio de Abu Ghraib (EUA-Iraq) prisión de Guantánamo (EUA-Cuba) prisión de Trelew (Patagonia), onde tivo lugar o Masacre de Trelew en 1972 prisión de Stanford, onde tivo lugar o experimento da prisión de Stanford campo de Masacre de Katyń, onde o masacre de Katyń Forte de San Cristovo (Pamplona), onde tivo lugar unha evasión en 1938 a Bastilla (París) a Torre de Londres (Inglaterra) Monte Pelée ou Giaros, illas-cárcere Alcatraz, San Francisco (EUA) Kilmainham Gaol (Irlanda) Centros clandestinos de detención na ditadura arxentina gulag

As prisións na cultura En ocasións, os centros penais forman parte da ambientación de obras literarias ou cinematográficas, ben de forma secundaria, ou ben como eixo central. Así, películas como Cela 211, A grande evasión ou The Rock, e series como Prison Break ou La fuga céntranse en prisións. Aparece reflectida de forma transversal no libro O lapis do carpinteiro.

Algúns autores de sona teñen parte da súa obra relacionado co mundo das prisións. Así, Celso Emilio Ferreiro compuxo no cárcere a obra Longa noite de pedra, ao igual que fixera o Marqués de Sade coa obra Les Cent Vingt Journées de Sodome. O poeta andaluz Miguel Hernández finou na prisión de Alacant en 1942. Tamén tivo unha longa estancia en prisión o político surafricano Nelson Mandela.

Concepción Arenal coñeceu de primeira man o mundo das prisións, e falou da importancia da pedagoxía para evitar a conflitividade. Xerardo Díaz Fernández tratou sobre as prisións durante o Franquismo.

O Dilema do Prisioneiro é un problema filosófico formulado a partir dunha teórica fuga ou estancia en prisión.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Campo de concentración Ligazóns externas

Establecimientos penitenciarios Ministerio do Interior de España .

Categoría:Cárceres