Aldeas Infantís SOS é unha organización non gobernamental (ONG) internacional destinada á infancia, creada en 1949 por Hermann Gmeiner. O seu fin principal é integrar, familiar e socialmente, aos nenos en desamparo que lles sexan confiados, de forma eficaz e positiva, impulsando a súa autonomía e emancipación en igualdade de dereitos e obrigacións que o resto de mozos, conseguindo que sexan e sentan cidadáns válidos para a sociedade.

Na actualidade está presente en 135 países. En España edita un boletín dende 1987, Aldeas, que en 2019 ten unha difusión de 245 000 exemplares.Aldeas. Febreiro 2019. D.L. M-36970-1987

En Galicia ten unha instalación (aldea infantil) en San Martiño de Ventosela, Redondela.Informe padriños Galicia https://cms.aldeasinfantiles.es/uploads/2018/08/INFORME-PADRINOS-2017-GALICIA.pdf

Notas

Categoría:Organizacións non gobernamentais Categoría:Premios Princesa de Asturias da Concordia Categoría:Medallas do Parlamento de Galicia