miniatura|"Rán" (2004) de Anker Eli Petersen. Na mitoloxía nórdica, Rán (antigo nórdico "mar") é unha deusa do mar. De acordo co libro Skáldskaparmál da Edda prosaica escrita por Snorri Sturluson, e co poema Lokasenna da Edda poética, é a muller do xigante Ægir, co cal tivo nove fillos. Snorri tamén di que ten unha rede coa que tenta capturar homes que se internan no mar.
A súa rede tamén é mencionada na Reginsmál e na Saga Völsunga, nas que lle deixa o aparello a Loki para que poida capturar a Andvari. Tamén está relacionado con ela a tradición dos mariñeiros de levar ouro con eles para calquera viaxe, de xeito que se afogaban no mar, Rán quedaría satisfeita polo seu agasallo.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de deuses xermánicos
Categoría:Ásynjur