miniatura|250px|Zhan Ziqian, Paseando na primavera, c. 600.
A paisaxe ou país é o nome que a historiografía da arte dá ao xénero pictórico que representa escenas da natureza, tales como montañas, vales, árbores, ríos e bosques. Case sempre se inclúe o ceo e as condicións atmosféricas, que poden ser un elemento importante da composición. Ademais da paisaxe natural, tamén se trata, como un xénero específico, a paisaxe urbana. Tradicionalmente, a arte de paisaxes plasma de forma realista algunha paisaxe real, mais pode haber outros tipos de paisaxes, como os que se inspiran nos soños (paisaxe onírica, moi empregada no surrealismo). miniatura|Acuarela de Ramón Gil Rey da cidade de Santiago de Compostela, 1837. Na historia da pintura, a paisaxe foi adquirindo paseniñamente cada vez máis relevancia, dende a súa aparición como fondo de escenas doutros xéneros (como a pintura de historia ou o retrato) até constituírse como xénero autónomo na pintura holandesa do século XVII. Tamén é un motivo esencial para a pintura xaponesa.
Dentro da xerarquía dos xéneros, a paisaxe ocupaba un lugar moi baixo, superior só ao bodegón.
Clases de paisaxe miniatura|Eugene von Guerard: Monte Townsed, 1863. A pintura romántica exalta as paisaxes salvaxes e a miúdo montañosas. miniatura|250px|Pieter Brueghel o Vello, Os colleiteiros, 1565: Paz e agricultura nunha paisaxe ideal pre-Romántica, sen terrores sublimes. miniatura|250px|Frans Koppelaar, Paisaxe preto de Bologna, 2001: Paisaxe pintada en-plein-air. Pola maneira en que está tratado o tema da paisaxe, cabe distinguir tres tipos fundamentais:
A paisaxe «cósmica» ou «sublime», na que se presenta a natureza de maneira salvaxe, inmensas paisaxes que non necesariamente representan lugares realmente existentes, e nos que o ser humano séntese perdido. Dentro desta liña estaría a «paisaxe naturalista» que reflicte unha natureza grandiosa, abundante e salvaxe, na que aparecen fenómenos atmosféricos como tormentas. É propio dos artistas do norte de Europa, especialmente da pintura de Alemaña, como Durero, Elsheimer ou Friedrich. A natureza «dominada» polo ser humano, como ocorre coa paisaxe flamenga ou neerlandesa. A presenza do ser humano fai que a natureza non pareza ameazadora. Moitas veces acaba sendo unha «paisaxe topográfica», que representa necesariamente un lugar preciso e identificable, cunha natureza presentada da maneira máis humilde. Dentro desta liña poden citarse a Patinir, Pieter Brueghel o Vello ou os mestres holandeses do século XVII. A natureza «colonizada» polo ser humano, a cal é típico do paisaxe italiana. Aparecen campos cultivados de relevo, outeiros, vales e chairas con casas, canles, estradas e outras construcións humanas; a natureza xa non é unha ameaza, senón que o ser humano, ademais, fíxoa súa. Dentro deste tipo de paisaxe pode falarse da «paisaxe clásica», onde se representa unha natureza ideal, grandiosa. A representación non é crible, senón recomposta para sublimar a natureza e presentala perfecta. Neste tipo de paisaxe adoita agocharse unha historia. É tópica a presenza de elementos de arquitectura romana, combinados cunha montaña ou un outeiro e cun plano de auga. Este tipo de «paisaxe ideal» foi creación de Annibale Carracci, ao que seguiron Francesco Albani, Domenichino e o francés Poussin. A paisaxe italiana foi a preferido durante séculos por canto era o lugar ao que viaxaban os artistas de toda Europa e onde se formaban.
Dende outro punto de vista, referido ao tema que se representa e non tanto á maneira na que se trata, cabe diferenciar entre: Mariñas en composicións que mostran océanos, mares ou praias. Paisaxes fluviais composicións con ríos ou regatos. Paisaxes estelares ou paisaxes nubradas son representacións de nubes, formacións do clima e condicións atmosféricas. Paisaxes luares mostran paisaxes da visión da lúa na terra. Paisaxes urbanas mostra cidades. Hardscape ou paisaxes duras, no que o que se representa son zonas como rúas pavimentadas e grandes complexos de negocios ou industrias. Paisaxe aérea ou etérea, mostrando a superficie terrestre vista dende arriba, especialmente dende aeroplanos ou naves espaciais. Cando o punto de vista é moi pronunciado cara a abaixo, non se aprecia o ceo. Este xénero pode combinarse con outros, como na arte etérea nubrada de Georgia O'Keeffe, a paisaxe etérea lunar de Nancy Graves ou a paisaxe etérea urbana de Yvone Jacquette. Paisaxe onírica, en composicións semellantes ás paisaxes (xeralmente surrealistas ou abstractas) que buscan expresar a visión psicanalítica da mente como un espazo tridimensional.
Historia Antigüidade Nos tempos das máis antigas pinturas chinesas a tinta estableceuse a tradición de paisaxes «puras», nos que a diminuta figura humana simplemente convida o observador a participar na experiencia.
Do Antigo Exipto consérvanse algunhas representacións paisaxísticas esquemáticas nas tumbas dos nobres, gravadas en relevo durante o Imperio Antigo e pintadas ao fresco no Imperio Novo; adoitan enmarcar escenas de caza ou cerimonias rituais.
En Pompeia e Herculano preserváronse frescos romanos de cuartos decorados con paisaxes do século I a. C. Na antigüidade grecorromana, a paisaxe píntase como fondo ou contorna para contextualizar unha escena principal.
Idade Media miniatura|esquerda|Paisaxe de Giotto: Detalle da «Fuxida a Exipto» da capela dos Scrovegni en Padua, 1304-06, pintura ao fresco.|245x245px Durante toda a Idade Media cristiá e o Renacemento, a paisaxe concíbese como unha obra divina e a súa representación fai referencia ao seu Creador. Na pintura occidental, a representación realista da paisaxe comezou dentro das obras relixiosas do século XIII. Até entón, as representacións da natureza na arte pictórica fora arquetípica: liñas onduladas para a auga ou festóns para as nubes. Foi Giotto o primeiro que, abandonando os precedentes modelos bizantinos, substituíu o fondo dourado das imaxes sacras por escenarios da realidade. Aínda que autores como Boccaccio encomiaron o seu realismo de Giotto,Segundo Bocaccio, Giotto posuíu o talento de o certo é que non deixaban de ser moitas veces representacións sinxelas: unha árbore representaba un bosque, unha rocha unha montaña. Aos poucos, ao longo da Baixa Idade Media, a atención a eses retrincos de natureza que aparecían nas escenas sacras ou míticas foi ampliándose, pero o seu carácter secundario revélao o feito de que moitas veces se deixaba a axudantes, como ocorre en A Anunciación florentina de Fra Anxélico. Dentro do estilo italo-gótico, Ambroxio Lorenzetti superou a representación topográfica para crear auténticas paisaxes dentro das súas alegorías do Bo e do Mal Goberno no Palacio Comunal de Siena, ao estudar as horas do día e as estacións. A pintura gótica-flamenga caracterízase polo seu «realismo nos detalles», conseguido en gran medida grazas á nova técnica da pintura ao óleo; entre os aspectos aos que se prestou máis atención e realismo estivo a paisaxe, tanto natural como urbana. Cabe citar, a este respecto, o plano do fondo da Virxe do Chanceler Rolin, auténtica paisaxe no que se detalla un xardín, máis alén dun río e aos lados unha cidade contemporánea do pintor.
Renacemento miniatura|250px|«Paisaxe panorámica» propia da Escola do Danubio: A batalla de Alexandre en Issos de Albrecht Altdorfer, 1528-1529, óleo sobre táboa, Alte Pinakothek, Múnic. A paisaxe adquiriu autonomía iconográfica no século XVI. Na súa forma realista, débese sobre todo á arte flamenga e alemá, por exemplo, Albrecht Dürer, que deixou numerosas acuarelas de paisaxes. Na súa forma idealizada de inspiración clásica, é algo que debe atribuírse a Italia, sendo El Perugino, mestre de Rafael, un dos máis destacados elaboradores de vastos espazos nos que se situaban os personaxes, cunha forte acentuación da paisaxe. En Venecia, coa súa luz cambiante sobre as augas, aínda que a paisaxe seguiu sendo fondo de obras e non o seu motivo principal, esmeráronse por lograr realismo reflectindo vistas da lagoa, as súas rúas e monumentos, así como a «terra firme», e dos fenómenos atmosféricos como ocorre con A treboada que xa dende o século XVI dá nome ao cadro máis coñecido de Giorgione.
Nesta época, a paisaxe serviu para expresar as utopías urbanas e políticas emerxentes. A miúdo «percibido» a través do marco das xanelas nos cadros que representaban escenas interiores, foi conseguindo un papel cada vez máis importante, até ocupar toda a superficie da tea. Paralelamente, os personaxes das escenas relixiosas en exterior foron «encollendo» até non estar máis que simbolizados polos elementos da paisaxe, p.e. Xesús de Nazaret por unha montaña. Pero, como se ve, a paisaxe seguía sendo só parte dun cadro de historia ou dun retrato.
En Flandres, a primeira representación da paisaxe independente foi a de Joachim Patinir, cuxas composicións relixiosas ou mitolóxicas están totalmente dominadas pola representación realista da natureza, até o punto de que a escena é mero «pretexto» para representar unha «paisaxe panorámica» ou «xeográfica», dende un punto de vista moi elevado. Na xeración seguinte, algunhas obras de xénero de Pieter Brueghel o Vello a figura humana queda reducida á insignificancia, sendo o importante a paisaxe representada, igualmente panorámica e dende punto de vista alto, como ocorre por exemplo en O inverno do ciclo de estacións do ano. Ha de mencionarse tamén a Escola do Danubio ou «danubiana», na que autores como Albrecht Altdorfer ou Lucas Cranach o Mozo seguen co tipo de «paisaxe panorámica», con amplas extensións de terreo percibidas dende o alto.
Barroco miniatura|246px|Rubens: Paisaxe con arco da vella, 1636-38, óleo sobre táboa, Alte Pinakothek, Múnic.. A comezos de século, na época do tenebrismo, a paisaxe seguía sendo pouco cultivada. Soamente o alemán Adam Elsheimer destaca por tratar as historias, xeralmente sacras, como auténticas paisaxes nas que moitas veces realiza espectaculares estudos sobre os efectos atmosféricos, a luz ou os estudos de amencer e anoitecer. miniatura|Jacob Ruysdael: O muíño de Wijk, h. 1670, lenzo, Rijksmuseum, Ámsterdan.. O flamengo Rubens pintou ao final da súa vida algúns cadros que se contan entre a pintura paisaxista europea máis importante.
Foi no Barroco cando a pintura de paisaxes estableceuse definitivamente como un xénero en Europa, co desenvolvemento do coleccionismo, como unha distracción para a actividade humana. É un fenómeno propio do norte de Europa que se atribúe, en gran medida, á reforma protestante e o desenvolvemento do capitalismo nos Países Baixos. A nobreza e o clero, até entón os principais clientes dos pintores, perderon relevancia, sendo substituídos pola burguesía comerciante. As preferencias desta non ían cara ás complexas pinturas de historia, con temas da Antigüidade clásica, a mitoloxía ou a Historia Sacra, nin cara a complexas alegorías, senón que preferían temas sinxelos e cotiáns, polo que alcanzaron independencia xéneros até entón secundarios como o bodegón, a paisaxe ou a escena de xénero. Produciuse tal especialización que cada pintor se dedicaba a un tipo de paisaxe específica. Así había pintores que tomaban como tema os «países baixos», isto é, os terreos que quedaban baixo o nivel do mar, cos seus canles, pólderes e muíños de vento; destacaron neste tipo van Goyen, Jacob Ruysdael e Meindert Hobbema. Hendrick Avercamp especializouse en estampas invernais, con estanques xeados e patinadores.
Outros especializáronse en pintar animalé. Por exemplo, Paulus Potter adoita pintar vacas dentro da paisaxe das chairas e os pastos holandeses. Houbo quen se especializou en mariñas, diferenciándose entre quen retrataban os barcos nas tranquilas augas dos portos (Jan van de Cappelle, Willem van de Velde, o Mozo) e os que preferían o mar axitado polos ventos e as ondas.