O termo período emprégase para designar o intervalo de tempo necesario para completar un ciclo repetitivo.
En física período utilízase para designar o intervalo de tempo entre dous puntos equivalentes dunha onda ou oscilación. En astronomía o período orbital é a cantidade de tempo que tarda un planeta ou corpo celeste en describir unha órbita completa. Período de incubación en medicina e infectoloxía é o tempo entre unha infección e a aparición dos sintomas. Período en historia é un intervalo de tempo significativo, por exemplo o período micénico na historia de Grecia.