Neil Francis Costa é un barrister e deputado de Xibraltar, membro do Partido Liberal de Xibraltar (GLP). En decembro de 2011, foi elixido para o Parlamento de Xibraltar e nomeado ministro de Turismo, transporte público, relacións comerciais e do Porto.

Biografía Nacido en Xibraltar, procedente dunha familia de clase obreira, Costa foi creado nun apartamento gobernamental en Laguna Estate, que seus pais compartían cos seus avós e estudou na St. Anne's Middle School. O seu pai era albanel e súa nai unha caixeira do supermercado Safeway. Destacouse ao conseguir tres Advanced Levels na Bayside Comprehensive School. A continuación, el foi estudar dereito e castelán na Universidade de Gales, Cardiff, onde se graduou con distinción. El completou os seus estudos de dereito no Inns of Court School of Law en Londres e foi admitido na Orde dos Avogados en Londres en novembro de 2002, e en Xibraltar en xaneiro de 2003.

Costa estivo involucrado na política en Xibraltar desde os seus días de estudante, e xuntouse ao Partido Liberal de Xibraltar en 1999. En 2007 foi elixido para o Parlamento e converteuse en ministro na sombra de Servizos de Saúde e Social. En 2011, xunto co Dr. Joseph Garcia e Steven Linares, formou o grupo de candidatos do GLP en colaboración co Partido Socialista Laborista de Xibraltar (GSLP) para participar nas eleccións xerais de 2011.

Re-elixido para o Parlamento, esta vez para o goberno, Costa foi nomeado polo ministro xefe Fabian Picardo, como o ministro de Turismo, transporte público, relacións comerciais e do Porto.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Neil Costa - Páxina web oficial

Categoría:Políticos de Xibraltar Categoría:Avogados Categoría:Nados en Xibraltar