Para o aminoácido, ver o artigo glicina. Para a planta rubideira do xénero 'Wisteria', ver o artigo glicinia.
Glycine Willd. é un xénero da familia das leguminosas (Fabaceae). A especie máis coñecida é a soia (Glycine max).
Etimoloxía O nome do xénero Glycine foi introducido orixinalmente por Linneaus na primeira edición de Genera Plantarum. Deriva do grego «glykys» (doce) referíndose, probabelmente á dozura dos tubérculos comestíbeis con forma de pera (apios en grego) producidos pola rubideira leguminosa ou herbácea gateadora, Glycine apios, que agora se coñece coma Apios americana.
Coma outras colleitas de longa domesticación, o parentesco da soia moderna coas especies de soia que medran de xeito bravo xa non pode ser trazada con ningún grao de veracidade. É unha variedade cultural cun amplo número de cultivares.
Taxonomía O xénero Glycine divídese en dous subxéneros: Glycine e Soja. O subxénero Soja Moench inclúe a soia cultivada, Glycine max, e maila soia brava: Glycine soja. Ambas as dúas especies son anuais. A soia medra só baixo cultivo mentres que G. soja medra de xeito bravo na China, no Xapón, en Corea, en Taiwán e mais en Rusia.
Hoxe en día, o suxénero Glycine consiste alo menos en 16 especies silvestres perennes: por exemplo, Glycine canescens e G. tomentella que se distribúen en Australia e Papúa Nova Guinea.
Especies Subxénero Glycine
Glycine albicans Tindale & Craven Glycine aphyonota B.E.Pfeil] Glycine arenaria Tindale Glycine argyrea Tindale Glycine canescens F.J.Herm. Glycine clandestina J.C.Wendl. Glycine curvata Tindale Glycine cyrtoloba Tindale Glycine falcata Benth. Glycine gracei B.E.Pfeil & Craven Glycine hirticaulis Tindale & Craven Glycine lactovirens Tindale & Craven Glycine latifolia (Benth.) C.Newell & Hymowitz Glycine latrobeana (Meissner) Benth. Glycine microphylla (Benth.) Tindale Glycine montis-douglas B.E.Pfeil & Craven Glycine peratosa B.E.Pfeil & Tindale Glycine pescadrensis Hayata Glycine pindanica Tindale & Craven Glycine pullenii B.E.Pfeil, Tindale & Craven Glycine rubiginosa Tindale & B.E.Pfeil Glycine stenophita B.E.Pfeil & Tindale Glycine syndetika B.E.Pfeil & Craven Glycine tabacina (Labill.) Benth. Glycine tomentella Hayata
Subxénero Soja (Moench) F.J. Herm.
Glycine soja Sieb. & Zucc. (soia brava) Glycine max (soia) (L.) Merr.
Véxase tamén soia Bibliografía Especies e Xenomas no Xénero Glycine Willd. (en castelán)
Ligazóns externas
Categoría:Fabáceas