Marcos Mata, nado o 1 de agosto de 1986 en Mar del Plata, Buenos Aires, é un xogador de baloncesto profesional de nacionalidade arxentina que na actualidade milita nas filas do CB Sevilla da Liga ACB.
Traxectoria Marcos Mata foi xogador de fútbol antes de pasar ao baloncesto. Con dezaseis anos comezou a xogar no equipo Perañol.
Foi internacional coa Selección arxentina en numerosas ocasións coa que conseguiu medallas nos Torneos Suramericanos: Porto Mont 2008 (ouro) e Neiva 2010 (prata). Tamén, no ano 2010, logrou finalmente a súa convocatoria ao Mundial de Turquía 2010, ao substituír a Andrés Nocioni, quen se lesionou pouco tempo antes do comezo do torneo.
No ano 2012, a Mata citárono para competir nos Xogos Olímpicos de Londres, nos que realizou un gran torneo. Ademais, foi o primeiro baloncestista marplatense en participar nuns xogos olímpicos.
Véxase tamén Ligazóns externas Referencias Perfil no Mundial de baloncesto do 2010 en Turquía
Categoría:Nados en Mar del Plata Categoría:Nados en 1986 Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos da Arxentina Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores do CB Sevilla Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2012