Acontecementos 2 de febreiro - Pedro de Mendoza funda o "Porto de Nosa Señora María do Bo Aire" (actual Bos Aires). 21 de marzo - Diego de Almagro chega ao val de Copiapó, descubrindo Chile. 2 de maio - Ana Bolena é detida e encerrada na Torre de Londres. 15 de maio - Ana Bolena é acusada de adulterio, traizón e incesto polo Parlamento inglés. 17 de maio - O casamento de Ana Bolena e Henrique VIII de Inglaterra é disolvido. 18 de abril - Manco Inca Yupanqui rompe cos conquistadores españois, foxe de Cuzco e organiza a resistencia inca no Perú. Semanas despois ataca o asentamento español de Lima e pon baixo sitio a cidade de Cuzco. 30 de maio - Celébrase o matrimonio entre Henrique VIII de Inglaterra e Jane Seymour. 11 de xuño - Primeiro asentamento da cidade de Bos Aires por Pedro de Mendoza. 25 de xullo - Fundación da cidade colombiana Santiago de Cali, por Sebastián de Belalcázar. 27 de xuño- fundación da cidade de San Pedro Sula por Pedro de Alvarado. 25 de agosto - sínodo na Sé de Lisboa en que se ordena a primeira vez que nas parroquias houbese libros nos que se fixesen asentos dos bautismos, casamentos e óbitos, que toda a Igrexa Católica, á imitación e exemplo da de Lisboa, estabeleceu a mesma Constitución no Concilio Tridentino. 3 de setembro - Xoana, Raíña de Castela, ordena a oficiais de Nova Cádiz (Estado Nova Esparta - Venezuela) enviar mostras do "azeite petrolio" que había na zona. O País de Gales é anexado pola Inglaterra a través do Acto de Unión. É editada a primeira Grammatica da lingoagem portuguesa, de autoría de Fernão de Oliveira. Portugal divide o Brasil en quince capitanías hereditárias. É fundado no Brasil o Arraial do Pereira pelo fidalgo portugués Francisco Pereira Coutinho, que máis tarde se tornaría a cidade de Salvador (Baía). A mando do bispo de Angra, e co acordo da cámara municipal da aínda vila, fíxose lembrar ao rei D. Xoán III de Portugal a necesidade de cumprir o seu compromisso de instalar nesta cidade a sede da diocese. Fundación do Convento de Santa Clara, Ribeira Grande, illa de San Miguel, Azores. Institución do Convento de Xesús, Ribeira Grande, illa de San Miguel. Construción da Capela do Mártir San Filipe (Funchal, Madeira) por António de Leme.
Nacementos 24 de febreiro - Papa Clemente VIII. Juan de Mariana, historiador español. Xoán de Fuca, explorador grego. Toyotomi Hideyoshi, daimyō do Sengoku que unificou Xapón. Bernardo Buontalenti, arquitecto italiano (m. 1608).
Mortes Xaneiro 7 de xaneiro - Catarina de Aragón, primeira raíña consorte de Henrique VIII de Inglaterra. Febreiro 25 de febreiro - Jacob Hutter, líder dos anabaptistas comunitarios. Maio 19 de maio - Ana Bolena, raíña consorte de Inglaterra. Xullo 12 de xullo - Erasmo de Rotterdam, teólogo e humanista neerlandés, morre en Basilea. Outubro 14 de outubro - Garcilaso de la Vega, poeta español (n. 1503). Data incompleta García de Resende, poeta e cronista portugués (n. ca. 1470). Gil Vicente, ourives e autor teatral portugués. Baldassare Peruzzi, pintor e arquitecto italiano.
Outros Historia ano a ano
Categoría:1536