A palabra galega goma, do latín vulgar gŭmma, á súa vez do latín cummi e este do grego κόμμι, pode referirse a:
Goma: Substancia mucilaxinosa ou viscosa procedente de certas árbores, insolúbel en alcol e solúbel en auga. Empréganse en farmacia e tamén na industria para fabricar colas e vernices. Caucho. Por extensión, un cacho desta substancia. Goma: fita elástica que pode ter forma circular e que serve para suxeitar cousas. Goma elástica. Goma: en medicina nome que reciben certos tumores. Goma arábiga: Substancia polisacárida amarelenta obtida de certas acacias orixinarias de Arabia, empregada como produto medicinal e con múltiples aplicacións industriais. Goma de mascar: Resina aromatizada para mascar, que se obtén dunha árbore suramericana ou mediante procedementos artificiais. Goma de borrar: cacho de goma para borrar o risco do lapis. Goma (xogo): Xogo popular no que se debe saltar unha goma elástica, prendela cos pés, estirala e cruzala, ou pisala, segundo as versións. Goma xantana: E-410 Goma-2: Explosivo plástico. Goma 2: banda galega de rock da década de 1970. Goma: coloquialmente, pneumático. Goma: coloquialmente, condón.
Toponimia Goma: cidade da República Democrática do Congo, a estremar con Ruanda