HISPASAT é un operador de servizos por satélite español con sede en Madrid que ofrece servizos de telecomunicacións en América (norte, centro e sur), Europa e Norte de África nas posicións 30° Oeste e 61° Oeste.

HISPASAT permite distribuír máis de mil canles de televisión e radio (analóxica e dixital) a máis de trinta millóns de fogares, así como servizos de banda larga en contornas fixas e móbiles.

Historia O primeiro satélite posto en órbita foi o Hispasat 1A en setembro de 1992 a bordo dun vehículo lanzador Ariane 4, dende o Centro Espacial de Kourou na Güiana Francesa e situouse en órbita xeoestacionaria na posición 30º Oeste a 36.000 km de altura, onde se sitúan dende entón tódolos satélites da serie Hispasat (1A, 1B, 1C, 1D e o novo 1E), centrados principalmente no mercado español e europeo.

A serie dos satélites Amazonas (61º Oeste) inaugurouse en 2004 co lanzamento do primeiro Amazonas, céntrase no mercado americano (principalmente latinoamericano). Amazonas 2, é o satélite de comunicacións de maior potencia con cobertura panamericana, lanzouse o 1 de outubro de 2009 e permitiu a HISPASAT duplicar a súa capacidade no continente. A seguinte ampliación será o Amazonas 3 en 2013.

Accionistas HISPASAT está considerada pola administración unha empresa estratéxica para o Goberno Español e o Ministerio de Defensa, parte dos seus servizos son empregados con fins militares.

AccionistaCapitalAccionistaCapital Abertis 48% - -Goberno de España25,6% INTA 16,42% SEPI 7,41% CDTI 1,86% Eutelsat 23% - -

Constelación de satélites PosiciónOrbitalSatéliteTranspoñedorAno delanzamento30 OesteHispasat 1C24 Ku200030 OesteHispasat 1D28 Ku200230 OesteHispasat 1E53 Ku, Ka201061 OesteAmazonas 132 Ku, 19 C200461 OesteAmazonas 254 Ku, 10 C200961 OesteAmazonas 333 Ku, 19 C, Ka Previsto 2013 - Hispasat AG120 Ku, Ka (1)Previsto 201330 OesteHispasat 1FTBDPrevisto 2014

Coa empresa HISDESATPosiciónOrbitalSatéliteTranspoñedorAno delanzamento29 EsteXtur-Eur12 X200530 OesteSpainsat13X, Ka2006

TDT Universal por satélite: HISPASAT é o coordenador do proxecto Profit de I+D+i TDT Universal vía satélite, co obxectivo principal de avaliar e investigar distintas alternativas tecnolóxicas para ofrecer cobertura de TDT ao 100% da poboación en España, cunha plataforma vía satélite.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web de Hispasat

Categoría:Telecomunicacións