O coco é un ser mítico, unha especie de fantasma, meiga ou monstro co que se asusta nenos. Aínda que non ten unha aparencia definida, este ser tiña unha representación figurada: a súa cabeza era unha especie de cabaza da que saía luz ou lume. A representación do coco adoitábase facer mediante unha cabaza con tres ou catro buratos cos que se imitaban os ollos, o nariz e a boca. Unha vez baleirada a cabaza, procedíase a colocar unha luz dentro e deixábase durante a noite nun lugar escuro para arredar ós nenos e outras persoas que por alí pasaranFigueiredo, Cândido. Pequeno Dicionário da Língua Portuguesa. Livraria Bertrand. Lisboa 1940.
O coco é un ser masculino e o seu equivalente feminino é a coca, aínda que ámbolos dous sexan, ó cabo, aspectos do mesmo ser. É doado que se produzan confusións, xa que ningún dos dous ten unha forma definida e ás veces tómase a un polo outro. miniatura|dereita|Que Viene el Coco, (1799) de Goya
Etimoloxía O mito do Coco ten a súa orixe en Portugal. Segundo o dicionario da Real Academia EspañolaDiccionario de la lengua Española, "o coco" (tamén chamado "o cuco" en América Latina) ten orixe na pantasma portuguesa: “(Do portugués. côco, pantasma que leva unha cabaza baleira, a modo de cabeza). Pantasma con que se mete medo ós nenos”Coco2. A palabra coco é usada na linguaxe coloquial para referirse á cabeza humana en portugués e español.A Portuguese-English dictionary px. 164 Coco tamén significa cranio.The concise dictionary of English etymology px. 91 A palabra "cocuruto" en portugués significa a coroa da cabeza e o lugar máis alto.A dictionary of the Portuguese and English languages, in two parts pg "Gogo" en éuscaro significa espírito.Morris Student PlusDiccionario etimológico vasco-español-francés En Galiza "crouca" significa cabeza,Dicionario de Dicionarios. Corpus lexicográfico da lingua galega deriva do proto-celta *krowkā-,Cf. , s.v. crūca e ten a variante "croca";Dicionario de Dicionarios e coco ou coca tamén significan cabeza.Dicionario de Dicionarios. Corpus lexicográfico da lingua galega Son conatos o córnico "crogen"Lexicon Cornu-Britannicum px. 73, o bretón "krogen ar penn"Lexicon comparativum linguarum Indogermanicarum px. 599Dictionnaire français-breton px. 178 e o irlandés "clocan", palabras todas elas que significan cranio.
Na mitoloxía galaico-lusitana, Crouga (do proto-celta *krowkā-) é o nome dunha divindade aínda con contornas escuras,Los Dioses de la Hispania Céltica px. 57Religión, lengua y cultura prerromanas de Hispania, px. 370 a quen son feitas ofrendas, mais na inscrición de Xinzo de Limia é a Crouga a que é ofrecida.Indogermanica et Caucasica px. 322
Nas Ordenacións e Leis Extravagantes, "dar coca a alguén" significa "trae-lo suxeito á súa disposición con caricias e afagos, trae-lo parvo, manso e con amavías" Diccionario da lingua portugueza: composto, Volume 1 px. 400-401 Collecção de proverbios, adagios, rifãos, anexins sentenças moraes e idiotismos da lengoa Portugueza. px. 40A Dictionary of the Portuguese and English Languages, in Two Parts
Coco e coca son nomes dos bugallo dos carballos. Tamén en portugués, coa e cuca "Especie de bugallo que se cría nos carballos e que, cando verdea, ten cor avermellada que fai lembrar a de certas mazás". André de Resende. Vocabulário da Vida de frei Pedro
Lenda O nome do coco é usado frecuentemente como aviso dun mal eminente nos países de lingua castelá, tal como acontecía en Portugal, cando os nenos desobedecen ós seus pais, por non querendo durmir ou comer, ou para disuadilos de ir a lugares perigosos e de se afastar de casa. O coco é un comedor de nenos (un papa-meniños)Novo Diccionario da lingua Portugueza. Lisboa 1817 e un secuestrador. El inmediatamente devora ó cativo e non deixa rastro del, lévao a un lugar sen volta. Máis só fai iso ós desobedientes. A coca fica a vixiar ós nenos fedellos dende o tellado. O coco toma a forma de calquera sombra escura e queda tamén de garda. Son atraídos pola desobediencia. Ambos representan o oposto do anxo da garda e son frecuentemente comparados con diaño. Hai aínda quen ve o coco como unha representación dos defuntos da comunidade local.Aproximación antropológica a Castilla y León
Cabezas miniatura|En Portugal a cabaza iluminada é chamada "coco" ou "coca" miniatura|180px|esquerda|Fíbula celtibera en bronce: representa un guerreiro transportando unha 'cabeza cortada' El Cantábrico en la Edad del Hierro. Medioambiente, economía, territorio y sociedad px. 402 miniatura|esquerda|180px|'Cabeza cortada' galaico-lusitana miniatura|dereita|"Os nosos chamáronlle coco"~João de Barros No Minho a máscara que se fai coa casca dunha cabaza é chamada coco. Na antiga Beira Alta era costume que os rapaces a levaran espetada nun pau, como símbolo das almas do outro mundo, unha cabaza esculpida en forma de cara, cunha candea acesa dentro, lembrando unha caveira.Beira Alta - Assembleia Distrital de Viseu, Junta de Província da Beira Alta, Arquivo Provincial (Beira Alta, Portugal), Junta Distrital de Viseu, Arquivo Distrital (Viseu, Portugal) - Beira Alta (Portugal) - 1946. Px. 296
Segundo Rafael Loureiro, a tradición de esculpir cabazas con rostros é unha tradición milenaria na Península Ibérica que se remonta ó tempo dos celtiberos, un costume semellante ó que Diodoro Sículo atribuía ós guerreiros Iberos na batalla de Selinunte en -469, que penduraban nas lanzas as cabezas dos inimigos.La creencia en la ultratumba en la Hispania romana a través de sus monumentos, px. 4
"O costume outonal e infantil de baleirar cabazas e tallar na súa casca ollos, nariz e boca buscando unha expresión tétrica, lonxe de ser unha tradición importada por un recente mimetismo cultural americanizante, é un trazo cultural antiquísimo na Península Ibérica" ~ Rafael Loureiro
Esta tradición estaría aínda relacionada co culto celta das "cabezas cortadas" na Península Ibérica.
Nas Décadas da Ásia (1563), João de Barros describe como o nome do coco (froito), ten orixe nesta tradición Barros, João de. Da Ásia de João de Barros e de Diogo do Couto: dos feitos que os portugueses fizeram no descobrimento dos mares e terras do Oriente. Década Terceira. Lisboa: Na Régia Officina Typografica, 1777-1788 (Biblioteca Nacional Digital):
“Esta cortiza por onde aquel pomo recibe o nutrimento vexetal, ten unha forma aguda, que se asemella ó fociño posto entre dous ollos redondos, por onde saen os gromos, cando quer nacer: por razón de tal figura, sen ser figura, os nosos chamáronlle coco, nome imposto polas mulleres a calquera cousa coa que queren dar medo ós nenos, o cal nome así lle ficou, que ninguén lle sabe outro, [...]”
Rafael Bluteau, no primeiro dicionario da lingua portuguesa, o Vocabulario Portuguez e Latino (1712) define o coco e a coca como caveiras: “O Coco ou a Coca. Usamos destas palavras, para por medo ós nenos, porque a segunda casca do Coco ten na súa superficie tres buratos con aspecto de caveira.“
Na primeira metade do século XX a coca era parte integrante de festexos como o do Día de Tódolos Santos:
"Nesta mesma cidade de Coimbra, onde hoxe nos encontramos, é costume andar grupos de nenos polas rúas, nos días 31 de outubro e 1 e 2 de novembro, ó caer da noite, cunha cabaza oca e con buratos recortados a facer de ollos, nariz e boca, como se fose unha caveira, e cun coto de vela aceso por dentro, para lle dar un ar máis macabro."Manuel de Paiva Boléo, Universidade de Coimbra. Instituto de Estudos Románicos. Revista portuguesa de filoloxía - Volume 12 - Px. 745 - 1963 -
En Galiza comezábase a tallar as cabazas con cara de caveiras preto do día de San Miguel (29 de setembro), e continuaba polo outono. Toda a estación do outono era tempo de facer caveiras coas cabazas.
"En Coimbra o peditório menciona «Bolinhos, bolinhós», e o grupo traza unha cabaza baleirada con dous buratos a figurar os ollos dun personaxe e unha vela acesa dentro [...] outro exemplo da utilización da cabaza ou cabazo como figuración humana, nas máscaras dos embozados das esfolladas de Santo Tirso de Prazins (Guimarães), que despois, estes pasean, alzadas nun pau e cunha vela dentro, e deixan espetados en calquera sitio máis ermo, para meteren medo a quen pasa."Renato Almeida, Jorge Dias. Estudos e ensaios folclóricos em homenagem a Renato Almeida. Ministério das Relações Exteriores, Seção de Publicações, 1960
"En Landim (Famalicão) finxíase, para amedrentar á xente das esfolladas, un rostro humano cun cabazo oco onde se metía unha vela a arder. Logo espetábase o cabazo nun espeque, e deixábase nun punto de paso."Leite de Vasconcelos. Revista Lusitana: arquivo de estudos filológicos e etnológicos ... - Volume 22, px. 215. Lisboa (Portugal). Museu Ethnologico Português - 1919
A representación da coca, cunha cabaza iluminada, forma parte do patrimonio inmaterial galego-portugués. En Galiza é tema na festa do samaín, e ten varios nomes: calacús, caveiras de melón, calabazotes, colondros etc.
Os rituais en torno da Nossa Senhora das Cabeças, en Portugal, inclúen a oferta de ex-votos coa forma de cabezas de cera, rezar a Ave María cunha estatua da Nossa Senhora enriba da cabeza, e rezar coa cabeza dentro dun burato aberto na parede da capela.Enciclopédia das Festas Populares e Religiosas de Portugal - Volume 1, px. 448Afife digital
A capela de Nossa Senhora das Cabeças localízase a 50 m das ruínas dun templo romano (en Orjais, Covilhã). Evidencia unha continuidade no uso dun espazo sagrado que pasou dunha área de culto pagán á dun culto cristián e que continuou a ser un local culto nos séculos seguintes até o día de hoxe. De acordo con Pedro Carvalho os achados prerromanos e a localización das ruínas romanas dentro das murallas dun castro do século -VIII suxiren a posibilidade de que fose inicialmente parte dun culto prerromano.O TEMPLO ROMANO DE NOSSA SENHORA DAS CABEÇAS (ORJAIS, COVILHÃ) E A SUA INTEGRAÇÃO NUM TERRITÓRIO RURAL“Conimbriga” XLII (2003) pp. 153-182Castro de Orjais e ruínas de uma construção junto à Capela de Nossa Senhora das Cabeças
Animais míticos
miniatura|dereita|250px|Festa da Cocaminiatura|dereita|230px|Cucafera A máis antiga referencia á Coca vén no Livro 3 de Doações de Afonso III de Portugal, do ano 1274:
"E se per ventura algunha Balea ou Baleato ou serea ou coca ou arroaz ou musaraña ou outro pescado grande que semelle algún destes morrer en Sesimbra ou en Silves ou noutros lugares da Ordin de El Rey."
No norte de Portugal, a coca é representada por un dragón con escamas. Na vila de Monção, coñecida como a terra da "coca", é chamada "santa coca" ou "coca rabixa". Na festa do día do Corpus Christi a coca é o dragón que loita con San Xurxo na representación da lenda de San Xurxo e o dragón. Hai referencias á Festa da Coca dende o século XVI.
"A tal Coca é un monstro con figura de dragón. É de arcos, cubertos de lona, e rodas por baixo, sobre as cales marcha e contra marcha. Ten ás, puntas, e unha gran cola retorcida. A boca é de resortes, e, para que abra e peche, átanlle unha corda pola que turran atrás os homes que fan andar o dragón para meter medo ó cabalo. Esta loita de San Xurxo coa santa Coca é a que máis embasbaca ó pobo."Almanach de lembranças Luso-Brazileiro para o anno de 1867. px. 227
Segundo a lenda, cando o cabaleiro gaña o torneo, ó cortar unha das súas orellas cun brinco e a lingua, o ano agrícola será fértil; cando é a Coca a que vence, arrepiando ó cabalo, o ano agrícola será mao e haberá fame.the feast of santiago in Galicia 1956. JSTOR Folklore, vol. 68, nº 4
En Galiza aínda hai dúas cocas, unha en Betanzos e outra en Redondela onde se celebra o día da Coca durante o Corpus Christi. Conta a lenda que o dragón chegou polo mar e devoraba ás rapazas da vila, mais acabou por morrer en combate a mans dos rapaces do lugar. En Monção, a lenda conta que a coca vive no río Miño; en Redondela vive na Ría de Vigo.Festival, comedy and tragedy: the Greek origins of theatre, px. 380