María Casado Paredes, nada en Barcelona o 14 de marzo de 1978, é unha xornalista e presentadora de televisión española. Actualmente presenta o programa Los desayunos de TVE en La 1 de Televisión Española.
Dende 2018 é presidenta da Academia das Ciencias e as Artes de Televisión de España.
Traxectoria Licenciada en Periodismo pola Universidade Autónoma de Barcelona, comezou a traballar en 1999 nos Servizos Informativos de Ràdio 4 de Radio Nacional de España como redactora. Tras un paso por Catalunya Ràdio onde foi a produtora do programa El Matí de Catalunya Ràdio, volveu a Radio Nacional en 2003, como subdirectora do magazine Amb molt de gust, durante o verán presentou e dirixiu a versión estival L'estiu amb molt de gust. En 2005 incorporouse aos Servizos Informativos de TVE Catalunya como redactora.
O 25 de febreiro de 2006, substituíu a Helena Resano, no Telediario Fin de semana xunto a David Cantero e Sergio Sauca. En abril presentou xunto a Sandra Sabatés a gala dos premios de cine "Sant Jordi", entregados en Barcelona.
Nos Sanfermines de 2007 foi unha das comentaristas dos encerros para Televisión Española. O 11 de setembro de 2007, coincidindo coa Diada, debutou á fronte de 59 segons, a versión en catalán de 59 segundos, emitido en desconexión local de La 2 para TVE Catalunya. O 9 de setembro de 2009 foi substituída por Cristina Puig. Apoiou xunto a outros compañeiros da cadea a campaña solidaria "Un xoguete, unha ilusión". No mes de novembro converteuse nunha das coopresentadores do programa Informe semanal de La 1.
O 31 de agosto de 2008 presentou o novo logo de Radiotelevisión Española. O 29 de outubro recibiu o Premio Llongueras á "mellor imaxe con proxección nacional do ano". En abril presentou xunto a Toni Garrido a gala dos premios de cine "Sant Jordi", entregados en Barcelona.
Durante a tempada 2009/2010 presentou o Telediario Fin de semana xunto a David Cantero e María Escario. O 9 de setembro de 2009 debutou á fronte de 59 segundos en substitución de Ana Pastor. Presentou xunto a Toni Garrido a gala dos premios de cine "Sant Jordi", entregados en Barcelona.
Desde setembro de 2010 presentou o Telediario Fin de semana xunto a Marcos López e María Escario. O 9 e 10 de novembro de 2010 presentou o programa de entrevistas Tinc unha pregunta per a vostè, a versión en catalán de Tengo una pregunta para usted con motivo da eleccións autonómicas en Cataluña.
Dende febreiro de 2011 presentou El debate de La 2, un programa sen periodicidade fixa. O 14 de xuño de 2011 recibiu xunto a Marcos López o premio "Gredos 2011" que recoñece a súa profesionalidade. O 5 de novembro de 2011 recibiu o premio Antena de Ouro 2011 que aos profesionais máis destacados da industria audiovisual. O 9 de novembro moderou El debate a cinco de TVE cos representantes de PSOE, PP, CiU, PNV e IU.
Dende o 11 de abril de 2012 presentou El debate de La 1, programa que substitúe a 59 segundos. O 26 maio dese ano recibiu o premio Micrófono de Ouro na categoría de televisión.
Ademais substituíu os seus compañeiros Ana Blanco, Lorenzo Milá e Pepa Bueno nas edicións diarias do Telediario de La 1.
A partir de setembro de 2012 abandonou o Telediario e El debate de La 1 para presentar o programa matinal Los desayunos de TVE, en substitución da xornalista Ana Pastor García.
Vida persoal María Casado agochou a súa homosexualidade até 2016, ano no que fixo pública a súa relación con Toñi Moreno e, segundo as súas propias palabras "viuse obrigada a saír do armario á forza". Durante dez anos tivo unha relación sentimental con Guiomar Roglán, con quen estivo casada entre 2014 e 2015. Posteriormente, tras separarse, entre 2015 e 2017 mantivo un noivado con Toñi Moreno; entre 2018 e 2020 estivo con Natalia Marcos e dende 2021 con Cristina Márquez (Martina diRosso). O 14 de febreiro de 2023, María anunciou que estaba embarazada do seu primeiro bebé, unha nena chamada Daniela, coa súa parella Martina diRosso. A nena foi concibida nunha clínica de Marbella e naceu o 29 de agosto de 2023. A parella rompeu a súa relación sentimental en decembro de 2023.
Publicacións Historias de la tele (2017), prologado por Mayra Gómez Kemp. Editorial Aguilar.
Premios Premio Llongueras 2008. Premio Gredos 2011. Antena de Ouro 2011. Micrófono de Ouro 2012.
Notas
Categoría:Presentadores de televisión de Cataluña Categoría:Xornalistas de Cataluña Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1978 Categoría:Presentadores de Televisión Española Categoría:Alumnos da Universidade Autónoma de Barcelona