miniatura|right|250px|O British Council de Londres. O British Council (en galego Consello Británico) é unha institución pública do Reino Unido, un instituto cultural cuxa misión é difundir o coñecemento da lingua inglesa e a Cultura do Reino Unido mediante a formación e outras actividades educativas. Ademais diso, esta institución pública cumpre unha función relevante para mellorar as relacións exteriores do Reino Unido. As súas sedes principais están localizadas en Manchester e Londres. Foi fundada en 1934 co nome de British Committee for Relations with Other Countries.
Este instituto é equivalente ao Instituto Camões portugués, ao Instituto Cervantes español, ao Goethe-Institut alemán, á Sociedade Dante Alighieri italiana, á Alliance Francaise, e ao Kǒngzǐ Xuéyuàn (Instituto Confucio) da China. Todos eles traballan para divulgar as súas respectivas culturas por todo o mundo.
Presidentes No.PeríodoNome 1 1934–1937 Lord Tyrrell 2 1937–1941 Lord Lloyd 3 1941–1945 Sir Malcolm Robertson 4 1946–1955 Sir Ronald Adam 5 1955–1959 Sir David Kelly 6 1959–1967 Lord Bridges 7 1968–1971 Lord Fulton 8 1971–1972 Sir Leslie Rowan 9 1972–1976 Lord Ballantrae 10 1977–1984 Sir Charles Troughton 11 1985–1992 Sir David Orr 12 1992–1998 Sir Martin Jacomb 13 1998–2004 Baroness Kennedy of The Shaws 14 2004–2009 Lord KinnockBritishcouncil.org 15 2010–presente Sir Vernon Ellis
Notas
Véxase tamén Outros artigos Instituto da Lingua Galega para a lingua galega Alliance Française para a lingua francesa Goethe-Institut para a lingua alemá Kokusai Koryu Kikin para a lingua xaponesa Instituto Camões para a lingua portuguesa Instituto Cervantes para a lingua española Kǒngzǐ Xuéyuàn para a lingua chinesa Instituto Italiano de Cultura para a lingua italiana Pro Helvetia para a cultura de Suíza
Ligazóns externas Sitio web oficial do British Council
Categoría:Lingua inglesa Categoría:Premios Princesa de Asturias de Comunicación e Humanidades