"Check My Brain" é unha canción da banda estadounidense de metal alternativo Alice in Chains, editada como primeiro sinxelo do seu cuarto álbum de estudio Black Gives Way to Blue o 14 de agosto do 2009. O sinxelo chegou á cima das listas da Billboard Hot Mainstream Rock Tracks e Rock Songs no mes de setembro dese ano. Era a primeira vez que unha canción de Alice in Chains chegaba ao primeiro posto da Hot Mainstream Rock Tracks dende que en 1994 o fixera "No Excuses". "Check My Brain" recibiu unha nomeación ao premio Grammy pola Mellor interpretación de hard rock.

Créditos Jerry Cantrell – lead vocal, lead guitar William DuVall – backing vocals, rhythm guitar Mike Inez – bass Sean Kinney – drums

Notas

Categoría:Sinxelos de 2009 Categoría:Cancións de Alice in Chains