Fantasia é un filme estadounidense de animación de 1940, producido por Walt Disney e lanzado por Walt Disney Productions. Coa dirección da historia de Joe Grant e Dick Huemer, e a supervisión de produción de Ben Sharpsteen, é o terceiro filme dos clásicos de Disney. Consta de oito segmentos animados acompañados de pezas de música clásica dirixidas por Leopold Stokowski; sete delas foron interpretadas pola Orquestra de Philadelphia. O crítico e compositor Deems Taylor actúa como mestre de cerimonias, e é o encargado de introducir cada segmento con escenas de acción real entre as de animación.

Sinopse Todo un clásico de Disney, unha colección de interpretacións animadas de grandes obras de música clásica. No "Aprendiz de meigo" (P. Dukas), Mickey Mouse, discípulo dun meigo, métese nun gran problema debido a que os seus coñecementos de maxia son aínda limitados. "A Consagración da primavera" (Stravinsky) conta a historia da evolución, dende os seres unicelulares ata a extinción dos dinosauros. "A Danza das Horas" (Ponchielli) é un fragmento dun ballet cómico interpretado por elefantes, hipopótamos, crocodilos e avestruces. "Unha noite na Montaña Pelada" de Mussorgsky e o "Ave Maria" de Schubert describen o enfrontamento entre a escuridade e a luz.

Créditos Banda sonora dirixida por Leopold Stokowski. Interpretadas pola Orquestra de Philadelphia, agás cando está indicado.

Segmento Persoal Escenas de acción en vivo Toccata and Fugue in D Minor Nutcracker Suite The Sorcerer's Apprentice The Rite of Spring Intermission/Meet the Soundtrack The Pastoral Symphony Dance of the Hours Night on Bald Mountain e Ave Maria

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Cinema de animación Categoría:Filmes de 1940 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Hamilton Luske Categoría:Filmes dirixidos por Wilfred Jackson Categoría:Filmes dirixidos por Bill Roberts Categoría:Filmes dirixidos por Norman Ferguson Categoría:Filmes producidos por Walt Disney Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures Categoría:Filmes sobre dinosauros Categoría:Filmes preservados no National Film Registry