Voz del Pueblo foi un periódico semanal editado na Estrada entre 1906 e 1908.
Historia e características
Subtitulado Periódico defensor de los intereses de la comarca, apareceu en novembro de 1906.El Correo de Galicia, 22-11-1906, p. 2. Era un semanario riestrista, isto é partidario do Marqués de Riestra que mantivo un enfrontamento coa outra facción do riestrismo da Estrada, representada por El Estradense. O periódico estaba patrocinado por Faustino Ulloa Estévez, Miguel Nine (deputado provincial), Faustino Valenzuela, Gumersindo Otero García e José Otero Carbia (alcalde da Estrada). Editábase na imprenta que estaba na vivenda propiedade de José Otero Carbia. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos La Voz del Pueblo Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra Ligazóns externas Olimpio Arca (18/11/2006). "As primeiras cabeceiras de prensa local da Estrada cumpren un século" La Voz de Galicia. Exemplares
Categoría:Prensa escrita da Estrada Categoría:1906 en Galicia