Rosh HaAyin (en hebreo רֹאשׁ הָעָיִן, en árabe روش هاعين, literalmente Fonte Superior) é unha cidade de Israel pertencente ao Distrito Centro de Israel. Ao oeste de Rosh HaAyin está a fortaleza de Antipatris e a fonte do río Yarkon. Ao sueste está a fortaleza de Migdal Afek (Migdal Tzedek). No ano 2009 a poboación da cidade era de 38.500. A cidade está situada a 25 km ao leste de Tel-Aviv.
Historia Rosh HaAyin foi fundada na década de 1950 preto do lugar onde se atopaba a antiga Antipatris, nos terreos da vila palestina de Majdal Sadek, tamén coñecida como Majdal Yaba (que significa torre de Iafa). Os residentes palestinos foron forzados a marchar en xullo de 1948, logo de que se establecera o estado de Israel. Moitos dos xudeus residentes logo de 1950 eran xudeus iemenís chegados en avión a Israel en 1949 e 1950 na Operación Alfombra Máxica.
Durante décadas Rosh HaAyin foi coñecida como "a cidade iemení". Así a todo, na década dos '90 construíronse novos e grandes barrios, constituíndo de feito unha nova cidade que atraeu a un considerable número de xudeus doutras orixes. A cidade mantén aínda, con todo, unha gran poboación iemení, concentrada principalmente nos varrios máis vellos.
Demografía Segundo o Israel Central Bureau of Statistics (CBS), en 2001 o principal grupo étnico na cidade eran os xudeus e os non-árabes, cun 99,8 % da poboación, non contando cunha poboación árabe significativa. Tiña 17.400 homes e 17.400 mulleres.
Hai unha gran cantidade de xente nova, sendo a porcentaxe por idades de: 40,7 % de 0-19 anos. 12,7 % de 20-29 anos. 25,8 % de 30-44 anos. 13,0 % de 45-59 anos. 2,6 % de 60-64. 5,3 % de 65 anos e máis.
A taxa de crecemento anual está en torno ao 2,5 %.
Cidades irmás Birmingham Nova Orleáns Praga Vanves Kiryat Bialik
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial (en hebreo) Imaxes en pbase.com
Categoría:Cidades de Israel