Jonathan Castro Otto, nado en Vigo o 3 de marzo de 1994, máis coñecido como Jonny, é un futbolista galego que xoga na demarcación de defensa para o Wolverhampton Wanderers da Premier League inglesa.

Traxectoria Formouse nas categorías inferiores do Celta de Vigo, debutando co primeiro equipo en Primeira División ante o Osasuna o 1 de setembro de 2012 en Balaídos.

Tamén destaca nas categorías inferiores da Selección de fútbol de España, sendo un habitual da categoría sub-16 tamén foi convocado coa sub-19, sub-20 e sub-21, ás ordes de Julen Lopetegui "Jonny sube otro escalón", artigo no Faro de Vigo, 13 de febreiro de 2012 ..

Selección galega dereita|miniatura|Jonathan Castro coa selección galega (2024). Foi convocado pola selección galega para o partido contra Venezuela disputado no estadio de Riazor o 20 de maio de 2016, que finalizou con empate (1–1). Logo de oito anos sen actividade da selección galega, o 31 de maio de 2024 Jonathan Castro volveu xogar un amigable contra a selección de fútbol de Panamá. O partido finalizou con derrota (0–2).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do xogador en ligabbva.com Páxina do Celta de Vigo

Categoría:Nados en 1994 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Futbolistas de Vigo Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid Categoría:Xogadores do Wolverhampton Wanderers FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Galicia Categoría:Xogadores do Celta de Vigo internacionais coa selección de fútbol de Galicia Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-19 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21 Categoría:Xogadores do PAOK Tesalónica FC