O Tradice Odpovědnost Prosperita ou TOP (en galego Tradición Responsabilidade Prosperidade) é un partido político checo situado politicamente no centro-dereita. A nivel europeo está afiliado ao Partido Popular Europeo. Actualmente é a terceira forza política na República Checa con 41 deputados no Parlamento. O seu líder é Karel Schwarzenberg e destaca polo seu apoio ao mercado libre e á Unión Europea.
Historia O partido foi fundado o 11 de xuño de 2009 por Miroslav Kalousek como unha facción a prol do mercado libre do Křesťanská a demokratická unie – Československá strana lidová (Partido Demócrata Cristián]]. Karel Schwarzenberg, antigo Ministro de Asuntos Exteriores da República Checa nomeado polo Strana zelených (Partido Verde), converteuse no seu primeiro líder do partido.
Con base nas enquisas de intención de voto, o partido pronto gozou de popularidade como segundo partido máis forte da dereita (o ODS era o primeiro), como se confirmou tralas Eleccións ao Parlamento Checo 2010, cando conseguiu un 16.70 % dos votos, mentres que ODS se fixo co 20.22 %.
O TOP 09 atópase actualmente na coalición de goberno xunto con ODS e o Věci veřejné (Relacións Públicas). Neste goberno de coalición, o TOP 09 ten 5 ministros:
Karel Schwarzenberg – Ministro de Asuntos Exteriores. Miroslav Kalousek – Ministro de Finanzas. Jaromír Drábek – Ministro de Traballo e Relacións Públicas. Leoš Heger – Ministro de Sanidade. Jiří Besser – Ministro de Cultura.
En setembro de 2010, o TOP 09 solicitou a súa adhesión como membro ao Partido Popular Europeo. Karel Schwarzenberg ten participado tamén en dous congresos do PPE (15 de setembro e 16 de decembro de 2010). O 10 de febreiro de 2011 o TOP 09 foi aceptado oficialmente como membro do PPE.
O influente deputado Jan Březina deixou o partido para unirse ao KDU–ČSL en febreiro de 2012.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Partidos políticos da República Checa