Caritón (Afrodisias, finais do século I-século II) foi un escritor grego, posibelmente o máis antigo dos novelistas gregos. Hai teorías que sitúan este autor a finais do século -I ou principio do século I. Traxectoria É autor de Historia de Calírroe. Esta obra en oito libros narra as peripecias de dous amantes de Siracusa. Presenta xa características que aparecerán en novelas posteriores, como un argumento enguedellado e salpicado de referencias históricas, abundancia de detalles que non alteran o curso narrativo, ausencia de análise psicolóxica, recurso ao patético e uso dos artificios retóricos da linguaxe.
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Personalidades de Afrodisias (Caria) na Antigüidade Categoría:Literatura da Grecia antiga Categoría:Escritores en lingua grega antiga