Miguel Ángel del Real Abella, nado en Madrid en 1956, é un político galego do PPdeG.
Traxectoria Cursou estudos de Náutica na Coruña, é capitán da mariña civil e capitán de corveta en reserva da militar. No Desastre do Prestige era Capitán marítimo da Coruña. Foi presidente da autoridade portuaria de Ferrol (2002-2005). Presidente do PPdeG de Valdoviño, foi concelleiro de Obras, Industria e Comercio no goberno tripartito encabezado por Terra Galega. En 2009 volveu ser nomeado presidente da autoridade portuaria de Ferrol, e cesou o 24 de abril de 2013. Foi substituído por José Manuel Vilariño.
Notas
Categoría:Presidentes de autoridades portuarias de Galicia Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1956 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes