Petr Zelenka, nado en Praga o 21 de agosto de 1967, é un galardoado dramaturgo e director de teatro e cinema checo. Os seus filmes teñen sido recoñecidos en diversos festivais internacionais como os de Moscova e Rotterdam. En 2008, o seu filme Karamazovi foi o representante oficial da República Checa para os Premios Oscar na categoría de mellor película de fala non inglesa.

Traxectoria Un traballo notable dos seus primeiros anos é a comedia negra Příběhy obyčejného šílenství (2004), dirixida en Dejvické divadlo. Recibiu o Premio Alfréd Radok ao mellor filme. A película foi posteriormente posta en escena noutros teatros checos, así como en Polonia, Hungría, Eslovaquia, Eslovenia e Alemaña. Foi tamén publicada en inglés e traducida ao ruso.

En 2005 Zelenka adaptou a comedia ao cinema, titulada Příběhy obyčejného šílenství e que gañou dous premios no 2006 e que foi nomeada a outros seis premios. A súa segunda obra salientable é Teremin, inspirada na vida do inventor ruso Léon Theremin.

O seu filme de 2008 Karamazovi foi a candidata oficial da República Checa para os Premios Óscar na categoría de mellor filme internacional.

O seu anuncio electoral de 2010 "Přemluv bábu a dědu" causou controversia e críticas ao ser considerado ofensivo cara ás persoas maiores,"Mádl s Issovou v klipu nabádají: Přemluv bábu a dědu, ať nevolí levici!", CT24 e "unha copia imperfecta do video stand-up de Sarah Silverman"."Bez humoru ani bábu nepřemluvíš. Spot Přemluv bábu je nedokonalou kopií videa stand-up komičky Sarah Silvermanové" , Marketing a Média

Selección de filmes Mňága – Happy End (1996; guión e dirección). Varios premios nos fetivais de cinema de Cottbus, Plzeň e České Budějovice Knoflíkáři (1997; guión e dirección). Premio Tigre no IFF de Rotterdam Samotáři (2000; coautor do guión) Rok ďábla (2002; guión e dirección). Premio FIPRESCI no IFF de Cottbus, seis Premios León Checos incluído o de mellor filme e mellor director, Premio Trieste no Festival de Cinema de Trieste. Příběhy obyčejného šílenství (2005; guión e dirección). Premio da Crítica no IFF de Moscova e Premio Don Quixote en Cottbus. Karamazovi (2008; guión e dirección) Ztraceni v Mnichově (2015) Modelář (2020)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Biografía e máis información Tales of Common Insanity en divadlo.cz

Categoría:Directores de cinema da República Checa Categoría:Nados en 1967 Categoría:Nados en Praga