O John Mackintosh Hall é o principal centro cultural no territorio británico de ultramar de Xibraltar. Componse dunha biblioteca pública, un teatro, sala de conferencias, ximnasio e varios espazos polivalentes. A súa actual directora é Geraldine Finlayson.
Historia O seu nome é unha homenaxe ao filántropo xibraltareño John Mackintosh, que no seu testamento deixou un legado para construír un lugar que fortalecería os lazos culturais e educativos entre Xibraltar e o Reino Unido.
O John Mackintosh Hall foi aberto ao público polo entón gobernador xeneral Sir Dudley Ward, o 8 de abril de 1964. O estilo arquitectónico do edificio segue a tradición arquitectónica mediterránea, cunha serie de patios interconectados onde se controla a luz do sol e a calor dos meses de verán co uso de árbores, áreas sombreadas e fontes.
A pesar de que foi orixinalmente concibido como unha institución educativa especificamente para o beneficio da xuventude de Xibraltar, co tempo foi adaptado para atender a varios eventos culturais para adultos. A biblioteca foi ampliada e agora o teatro pode recibir conferencias e charlas, ademais de presentacións musicais.
As dúas obras máis importantes escritas en Xibraltar "La Lola se va pá Londre" e "Connie con cama camera en el comedor", ambas as dúas por Elio Cruz, estreáronse no John Mackintosh Hall en 1966 e 1969, respectivamente.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Historical Gibraltar Attractions
Categoría:Arquitectura do Reino Unido Categoría:Xibraltar