Mission: Impossible (tamén coñecido na estrea en Blu-ray como M:I) é un filme dirixido por Brian De Palma que se estreou en 1996. Está producido e protagonizado por Tom Cruise. Está baseada na serie de televisión homónima, e o argumento segue a Ethan Hunt (Cruise) e a súa misión de descubrir á toupa que o incriminou a el como responsable dos asasinatos do equipo IMF. O guión foi escrito por David Koepp e Steven Zaillian, do que despois se fixo unha novela.

Sinopse

Ethan Hunt (Tom Cruise) é un axente capaz de resolver calquera tipo de situación coa máxima elegancia. Forma parte dun equipo dirixido polo axente Jim Phelps (Jon Voight), que se volveu reunir para unha difícil misión: evitar a venda dun disco roubado que contén información secreta de vital importancia. Todo se complica cando o grupo de axentes cae nunha emboscada na que tan só el e outra axente sobreviven. Ethan é visto como un traidor e como culpable da morte do resto do seu equipo, polo que escapa e tenta demostrar a súa inocencia. Hunt fará todo o posible para desenmascarar os culpables, que en realidade están dentro da propia axencia.

Personaxes Tom Cruise como Ethan Hunt Jon Voight como Jim Phelps Emmanuelle Béart como Claire Phelps Henry Czerny como Eugene Kittridge Jean Reno como Franz Krieger Ving Rhames como Luther Stickell Kristin Scott Thomas como Sarah Davies Vanessa Redgrave como Max Ingeborga Dapkūnaitė como Hannah Williams Emilio Estevez como Jack Harmon (sen acreditar) Karel Dobrý como Matthias Olegar Fedoro como Axente de Kíiv Dale Dye como Frank Barnes

Lugares de filmación Praga Langley (Virxinia) Londres Escocia

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas MSNBC article on the Impossible Missions Force

Categoría:Filmes de 1996 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Brian De Palma Categoría:Filmes producidos por Tom Cruise Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes de Pinewood Studios Categoría:Filmes de Cruise/Wagner Productions Categoría:Filmes rodados en Virxinia Categoría:Filmes rodados na República Checa Categoría:Filmes rodados en Praga Categoría:Filmes ambientados en Virxinia Categoría:Filmes ambientados en Praga Categoría:Filmes baseados en series de televisión Categoría:Filmes de espionaxe Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América