O Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF) é unha institución sanitaria dependente do Sergas localizada na parroquia de Santa Icía de Trasancos, en Ferrol. O CHUF está formado polo Hospital Arquitecto Marcide, o Hospital Profesor Nóvoa Santos e o Hospital Naval. O Complexo atende a poboación da Área sanitaria de Ferrol, que abarca as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, no norte da provincia da Coruña.
Historia O Hospital Arquitecto Marcide está situado na avenida da Residencia, preto de Catabois, ao norte da cidade de Ferrol. Nesa mesma vía están o Hospital Naval (antigo Hospital Básico da Defensa) e o Centro de Atención a Persoas con Discapacidade Física (CAMPF), antigo Centro de Asistencia a Minusválidos Psíquicos e Físicos, que depende do Imserso. Na mesma zona, na rúa Irmandade de Doantes de Sangue de Ferrolterra, está o Centro de Educación Especial Terra de Ferrol. Menos dun quilómetro cara ao norte pola estrada de Catabois está o Hospital Profesor Nóvoa Santos.
En 2018 dispuña de 457 camas instaladas (413 delas en funcionamento), 12 quirófanos e 2 paridoiros Área Sanitaria de Ferrol. Memoria 2018.. En 2006 contaba con 393 camas de agudos e 8 quirófanosÁrea Sanitaria de Ferrol Memoria Anual 2006 Sergas (en PDF).
+ Área sanitaria de FerrolConcellos que atende FerrolNarónValdoviñoCerdido CedeiraCariñoOrtigueiraMañón As PontesAs SomozasMoecheSan Sadurniño NedaA CapelaMonferoPontedeume CabanasFeneMugardosAres
Hospital Arquitecto Marcide O hospital, inaugurado en 1976, foi deseñado polo arquitecto Martín José Marcide Odriozola, que lle dá o nome.350px Hospital Arquitecto Marcide Andar 7 Medicina Interna Unidade de enfermidades infecciosas 6 Medicina Interna HematoloxíaCapela 5 Medicina InternaTraumatoloxía e NeuroloxíaUnidade de Curta Estadía 4 Cirurxía xeral Xinecoloxía. 3 UroloxíaOtorrinoOftalmoloxíaTocoloxía e Esterilización 2 Unidade de Coidados IntensivosAnestesia e ReanimaciónUnidade da dorPartos e quirófanos 1 Urxencias Pediatría NeonatoloxíaOficina de doazón de órganos consultas de marcapasos endoscopias dixestivaspneumolóxicasprobas funcionais de Cardioloxíaconsultas de Dietética Farmacia consultas de Dixestivo Baixo Laboratorios de Bioquímica Laboratorio de MicrobioloxíaLaboratorio de Hematoloxía Banco de sangue Radioloxía ConserxaríaCentral telefónicaDirección da Área InformáticaControl de XestiónRecursos Humanos Xestión Económica Asesoría Xurídica e Subministracións Soto Hospital de Día Cociña Lavandaría Vestiarios AseosSala de autopsias Entradaprincipal Salón de Actos Información Admisión Cita Previa Salas de docencia accesos á Cafetaría Centro de Especialidades Andar
Hospital Profesor Nóvoa Santos Inaugurado no ano 1953 como Sanatorio Antituberculoso de Catabois, está situado nun terreo de 58.959 metros cadrados a carón da estrada de Catabois, ao norte da cidade de Ferrol. Ten planta en forma de duplo T e sete alturas. Leva o nome do médico galego Roberto Nóvoa Santos.
350px Hospital Nóvoa Santos Andar 5 Dormitorios gardaVestiarios e Limpeza 4 Coidados Paliativos 3 Medicina internaCapela 2 RadioloxíaEstudos preoperatorios ReumatoloxíaUnidade de detección precoz do cancro de mama 1 Admisión de enfermosAsistencia socialPsiquiatríaConsultas externas de PsiquiatríaHospital de día psiquiátricoCafetaría Baixo EntradaRehabilitaciónRehabilitación infantilArquivo pasivo de historias clínicas Arquivo administrativo Soto MantementoHospitalización a DomicilioaulasCentro de Transfusión de Galiza Andar
Centros dependentes Centro de Saúde Fontenla Maristany (Ferrol) Centro de Saúde de Caranza (Ferrol) Centro de Saúde de Serantes (Ferrol) Consultorio Manuel Comellas (Ferrol) Consultorio da Graña (Ferrol) Centro de Saúde de Ares (Ares) Centro de Saúde de Cabanas (Cabanas) Centro de Saúde da Capela (A Capela) Centro de Saúde de Cariño (Cariño) Centro de Saúde de Cedeira (Cedeira) Centro de Saúde de Cerdido (Cerdido) Centro de Saúde de Fene (Fene) Consultorio de Maniños (Fene) Centro de Saúde de Mañón (Mañón) Consultorio de Grañas do Sor (Mañón) Consultorio Campo de Mañón (Mañón) Centro de Saúde de Moeche (Moeche) Centro de Saúde de Monfero (Monfero) Consultorio A Graña-Xestoso (Monfero) Consultorio Vite-Queixeiro (Monfero) Consultorio Xiao-Val do Xestoso (Monfero) Centro de Saúde de Mugardos (Mugardos) Consultorio do Seixo (Mugardos) Centro de Saúde de Narón SERGAS (Narón) Consultorio do Val (Narón) Consultorio de Pedroso (Narón) Centro de Saúde de Neda (Neda) Centro de Saúde de Ortigueira (Ortigueira) Consultorio Casa do Mar Espasante (Ortigueira) Consultorio de Mera (Ortigueira) Centro de Saúde de Pontedeume SERGAS (Pontedeume) Centro de Saúde das Pontes (As Pontes de García Rodríguez) Centro de Saúde de San Sadurniño (San Sadurniño) Centro de Saúde das Somozas (As Somozas) Centro de Saúde de Valdoviño (Valdoviño)
Notas
Véxase tamén Outros artigos SERGAS
Categoría:Hospitais de Galicia Categoría:Ferrol Categoría:SERGAS