Curtis Lee Mayfield, nado en Chicago (Illinois) o 3 de xuño de 1942 e finado en Roswell (Xeorxia) o 26 de decembro de 1999, foi un compositor, cantante e produtor de soul, R&B e funk estadounidense.
Traxectoria
É coñecido polos seus himnos con The Impressions durante o Movemento polos Dereitos Civís dos anos 60, e por compoñer a banda sonora do filme blaxploitation Super Fly. Mayfield está considerado un dos pioneiros do funk e da conciencia política na música afroamericana. Tamén foi un multi-instrumentista que tocou a guitarra, baixo, piano, saxofón e batería. Mayfield gañou os premios Grammy Legend Award (en 1994) e Grammy Lifetime Achievement Award (en 1995), e foi introducido dúas veces no The Rock and Roll Hall of Fame, unha como membro de The Impressions en 1991 e outra como artista en solitario en 1999. Tamén entrou dúas veces no Grammy Hall of Fame.
Categoría:Produtores musicais Categoría:Cantantes de Illinois Categoría:Nados en Chicago Categoría:Nados en 1942 Categoría:Finados en 1999 Categoría:Finados por diabetes