Acontecementos América Xoán Díaz de Solís chega ó actual Bos Aires. 20 de xaneiro - Díaz de Solís é morto nun ataque dos indios, no litoral do que hoxe é Uruguai.
Europa Tratado de Noyon polo que se recoñece a soberanía francesa no Milanesado. 13 de marzo - O príncipe Carlos toma o título de rei de Aragón e Castela, conxuntamente coa súa nai, Xoana I de Castela, na igrexa de Santa Gúdula de Bruxelas.
Oriente Próximo miniatura|esquerda|175px|Selim I Xullo - Selim I, sultán otomán, declara a guerra ós mamelucos do Exipto. Toma Alepo, Homs, Damasco e Xerusalén. 24 de agosto - Batalla de Marj Dabiq: preto de Alepo, o sultán mameluco de Exipto, Qânsûh Ghûrî, morre no combate. Comeza o goberno de Tuman Bey, novo sultán mameluco do Exipto (até 1517). 28 de outubro - Batalla de Yaunis Khan: nova vitoria dos otománs sobre os mamelucos, esta vez cerca de Gaza.
Arte e cultura Tomás Moro publica Utopía. Erasmo de Rotterdam publica unha nova versión grega da Biblia. Vittore Carpaccio pinta "San Xurxo e o dragón".
Nacementos 18 de febreiro, María Tudor, raíña de Inglaterra e Irlanda.
Mortes 20 de xaneiro - Juan Díaz de Solís, explorador (n. ca. 1470). 25 de xaneiro, Fernando II, rei de Aragón e rei consorte do Castela. Netzahualpilli, rei de Texcoco, México (n. ca. 1465). Agosto - Hieronymus Bosch, pintor holandés (n. 1450). Giuliano Sangallo, escultor e arquitectoitaliano (n. 1443).
Outros
Véxase tamén Outros artigos Historia ano a ano
Categoría:1516